Martes, 07 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 25 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Ecoforest contruirá unha nave de máis de 13.000 metros cadrados en Porto do Molle - Nigrán

A firma, adicada ao deseño, desenvolvemento e fabricación de bombas de calor, adquiriu 15.600 m2 cun proxecto de investimento total na nave de máis de 5 millóns de euros.

[Img #35318]

 

A Xunta de Goberno Local do Concello de Nigrán aprobou a licencia a Ecoforest para a construcción dunha nave industrial en Porto do Molle destinada a deseño, desenvolvemento e fabricación de bombas de calor. A firma especializado en sistemas de calefacción, climatización e agua quente sanitaria a partir de recursos naturais construirá unha macroplanta de 13.431 m2 sobre unha superficie resultante de agregar dez parcelas do parque empresarial (15.586 m2 de superficie). A construción da nave suporá un investimento total de 5.404.362 euros. Precisamente, o Concello renunciou en decembro á compra dunha destas parcelas destinadas a almacén municipal co obxectivo de facilitar a implantación de Ecoforest, polo que finalmente adquiriu outra con este fin no mesmo polígono.

 

Recentemento, o Concello aprobou en Porto do Molle a licencia para a ampliación da fábrica Snop Estampación e concedeu unha nova para a construción dunha nave destinada á fabricación de maquinaria pesada por parte de Industrias Nebrinox. Estas dúas suman un orzamento de execución da obra de preto de 3 millóns de euros que si se engade Ecoforest supón máis de 8 millóns de euros, polo que o rexedor, Juan A.González, destaca non só as novas posibilidades de emprego que xenera a súa instalación, se non os ingresos que supoñen para as arcas municipais.

 

 

 

 

O Concello de Nigrán renunciou en decembro á compra dunha das parcelas previstas para o almacén municipal co fin de facilitar a  implantación de Ecoforest

 

 

 

 

"Porto do Molle non só significa novas posibilidades de emprego para os veciños de Nigrán, se non que o seu propio crecemento ordenado e sostible proporciona ao Concello os ingresos necesarios para levar adiante máis e mellores políticas sociais. Este parque empresarial é unha parte fundamental do desenvolvemento de Nigrán e un referente en innovación, I+D ou ecoloxía  que representa a mellor imaxe dun municipio dinámico, moderno e emprendedor", sintetiza o rexedor, Juan González, quen defende   este modelo de crecemento ordenado e sostible como premisa para o crecemento de Nigrán.  

 

"Cada vez que unha empresa se instala en Porto do Molle atrae á súa vez a novas firmas que se dan conta das grandes posibilidades que ofrece este parque que actualmente reúne a industria non contaminante de tódolos ámbitos animada polo valor engadido e localización do parque”, conclúe Juan González, alcalde de Nigrán.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.