GALICIA
Conde destaca que a Lei de implantación empresarial permitirá simplificar a tramitación de novos proxectos
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo onte en Santiago de Compostela un encontro co presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar, Víctor Nogueira.
![[Img #35319]](upload/img/periodico/img_35319.jpg)
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse onte con Víctor Nogueira, presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar, dentro da rolda de contactos para consensuar a futura Lei de implantación empresarial, que se prevé aprobar no mes de outubro, e trasladoulle o obxectivo de lograr unha maior simplificación na tramitación de proxectos.
A finalidade deste encontro, como dos anteriores, é que o texto recolla o mellor escenario normativo posible, incorporando as achegas dos diferentes axentes económicos e sociais. Tal e como subliñou Conde, a norma busca converter Galicia na comunidade autónoma na que máis doado resulte investir, grazas a unha maior axilización administrativa, tras a eliminación das licenzas municipais a través da Lei do emprendemento, unha menor fiscalidade e máis incentivos. En definitiva, preténdese que a Administración non sexa un obstáculo para a chegada de novas empresas, senón todo o contrario, ofrecendo todos os instrumentos que ten ao seu alcance tanto para captar investimento, como para crear emprego.
Neste sentido, o conselleiro fixo fincapé en que coa normativa que se está a tramitar, se favorecerá o desenvolvemento económico do tecido empresarial galego e a creación de emprego de calidade, consolidando deste xeito a Galicia como unha terra de oportunidades. Para conseguilo é imprescindible o compromiso do empresariado, afirmou.
Salienta que a norma busca converter Galicia na comunidade autónoma na que máis doado resulte investir grazas a unha maior axilización administrativa acompañada de medidas fiscais e incentivos
A reunión centrouse nas medidas que a lei pretende poñer en marcha. Así, búscase reducir á metade os prazos de tramitación dos proxectos empresariais para axilizar a súa posta en marcha. No tocante ao acceso ao solo, inclúese a posibilidade de desenvolver a urbanización parcial de áreas industriais; e tamén a creación do Censo de solo empresarial de Galicia para coñecer as necesidades reais existentes. Ademais, incorpórase unha medida para facilitar o pago aprazado e sen xuros na compra de solo público, ao tempo que se recollen iniciativas que xa se están en marcha como as bonificacións na venda de solo público nos parques empresariais.
Xunto coas empresas, Conde subliñou a importancia de contar coa colaboración dos concellos xa que “este reto só se conseguirá se todos axudamos a construír este camiño e avanzamos na mesma dirección”, asegurou Conde que incidiu na necesidade de que as administracións locais dean un paso adiante para que os concellos se adhiran ao convenio Doing Business para ofrecer maiores incentivos fiscais aos inversores en Galicia. Para ser Concellos Doing Business, as administracións locais ofrecerán bonificacións de ata o 95% nos seus impostos, así como a eliminación de taxas vinculadas coa industria, mentres que a Xunta establecerá medidas específicas que inclúan axudas para o desenvolvemento empresarial nestes concellos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121