A LOURIÑA
Ata setembro de 2018 non finalizarán as obras de mellora da A-55
As mareas municipalistas da contorna Marea de Vigo, EU-SON Porriño e GañaMós, esixen que se reanuden as obras na maior brevedade
![[Img #35331]](upload/img/periodico/img_35331.jpg)
O Ministerio de Fomento iniciaba en outubro de 2015 os traballos de mellora da seguridade na A-55 que afecta os municipios de Mos, O Porriño e Vigo. As obras contaban inicialmente cun prazo de execución de 19 meses, que finalmente serán 33 meses ao quedar fixado o prazo máximo de execución en setembro do ano 2018.
Desde Fomento xustificaban a demora por lacomplejidad de traballar coas subministracións que atravesan o viario como liñas eléctricas, iluminación, cableados da DXT e servizos urbanos, entre outros.
As mareas municipalistas esixen que se reanuden as obras na maior brevedade
Para Marea de Vigo, EU-SON Porriño e GañaMós “case houbo máis actividade cando Fomento e Xunta viron fai máis de dous anos a anunciar estas obras como de execución inmediata que nestos anos transcurridos”.
Nun comunicado aseguran que “a desculpa esgrimida por Fomento, a complexidade das obras de reforma, reflexa tanto a improvisación coa que anunciaron e iniciaron as obras en período electoral como a incapacidade manifesta para xestionar os recursos públicos por parte do Partido Popular”.
Fomento xustifica esta demora á presenza de servizos afectados como liñas eléctricas, de iluminación ou da DXT
Explican que “non fai falla redundar na alta siniestrabilidadde desta autovía para lembrar a urxencia da execución destas melloras nos accesos”. Dende as mareas municipalistas da contorna esixen “que se reanuden as obras a maior brevedade cun programa de execución serio, sen máis burlas a cidadanía, e que se invirta a totalidade da partida comprometida”.
Solicitan tamén que “namentras non se rematan as obras se libere o peaxe da AP-9 no treito entre Vigo e Tui como alternativa a situación da A-55”.
Por último instan a Fomento que “namentras as obras esten paralizadas sen data próxima de reanudación revise a necesidade de manter a sinalización provisional e elementos de balizamento na calzada da autovía A-55, xa que esta resulta en si mesma un perigo para o trafico rodado e un obstáculo para a circulación fluida”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191