MOS
Como prender a aforrar na factura da luz o vindeiro xoves no Multiusos
A segunda edición da campaña “Dálle luz á túa factura” chega a Mos da man da Xunta de Galicia e da concellería de Participación Cidadá.
A concellería de Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Julia Loureiro en colaboración coa Xunta de Galicia organiza por segundo ano seguido a actividade “Dálle luz á túa factura”. Trátase dunha charla informativa que terá lugar o vindeiro xoves, día 28 de setembro, ás 16:30 horas no auditorio do Multiusos das Pozas.
A Xunta ven de activar a segunda fase da campaña “Dálle luz á túa factura”, unha iniciativa de divulgación, formación e sensibilización que pretende achegar á cidadanía o contido do recibo eléctrico e distintos consellos para aforrar no consumo de electricidade.
Os obxectivos principais que persigue este proxecto son facilitar a comprensión da factura da luz utilizando unha linguaxe comprensible para o cidadán, linguaxe non exenta, sen embargo, de rigorosidade; e darlle a coñecer os dereitos que o asisten como consumidor eléctrico.
Para isto elaboráronse distintas ferramentas de comunicación entre as que destaca unha aplicación informática que permite coñecer máis detalladamente todos os conceptos relacionados coa factura da electricidade (Prezo Voluntario ao Pequeno Consumidor PVPC, termo de potencia, discriminación horaria, contadores intelixentes, mercado eléctrico, etc.), diferenciar entre cada un dos axentes do sector eléctrico, calcular de xeito personalizado o termo de potencia contratada máis aconsellable en función do equipamento da vivenda, calcular de xeito personalizado a tarifa máis adecuada en función do uso do equipamento da vivenda, extrapolar os resultados con cuantificación económica e ambiental, obter consellos de aforro e eficiencia enerxética en iluminación, electrodomésticos, etc.; e coñecer os dereitos dos consumidores e onde se poden formular as reclamacións e trámites relacionados coa factura da luz.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115