Mos
A piques de rematara as obras de ampliación do Centro Dotacional de Torroso
Este mes de setembro está previsto que finalice unha ampliación que incremetará en 500 metros cadrados máis as instalacións dispoñibles
![[Img #35345]](upload/img/periodico/img_35345.jpg)
As obras do Centro Dotacional de Torroso están a piques de rematar e, previsiblemente serán inauguradas en breve. Cun orzamento de 825.000 euros ampliarán a súa capacidade en 500 metros cadrados máis.
O Centro Dotacional foi inaugurado o pasado 14 de xuño do ano 2014 cun custo de 2,5 millóns de euros, agora a construtora Gómez Crespo S.L., que tamén se encargou da execución do primeiro proxecto, finaliza estas obras de ampliación que sumarán cinco novas salas incluída unha sala de 67 metros cadrados para uso de persoas maiores e tamén un espazo polivalente de 150 metros cadrados máis.
Ademais está prevista a posta en marcha de dous novos despachos, un usarase para o arquivo de montes e outro para o centro cultural da parroquia de Torroso.
Polas redes sociais xa circulan imaxes que amosan o avanzado estado das obras tanto no interior coma no exterior, feito que fai prever que entren en funcionamiento nas próximas semanas coincidindo co novo curso.
O Centro Recreativo e Culturalde Torroso conta con 460 asociados e leva ao seu cargo a Escola de Música de Mos que contaba o curso pasado con 354 alumnos matriculados entre oficiais da escola e non oficiais, de idades comprendidas entre os 3 e os 80 anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.42