PROVINCIA
As rutas etnoarqueolóxicas finalizan en Mos coa cerámica como eixe central
![[Img #35348]](upload/img/periodico/img_35348.jpg)
Mos acollerá o sábado 30 de setembro, entre as 10:30 e as 14 horas, a derradeira das cinco rutas etnoarqueolóxicas que o Departamento de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra incluíu no marco do programa de actividades do Ano do Patrimonio. Trátase de rutas interpretativas que conectan o medio natural e o patrimonio dunha zona concreta coa tradición dunha técnica ou oficio. En Mos o tema central será a tradición do traballo en arxila, e incluirá un percorrido por diversos elementos patrimoniais da contorna do pazo de Mos e do río Louro, onde se amosará a importancia xeolóxica desta contorna na formación de arxilas e a tradición dos traballos en cerámica aos que deron pé. Así o fixeron público a alcaldesa da localidade, Nidia Arévalo, o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, e o arqueólogo que guiará a ruta do domingo, Fran Alonso.
"Estas rutas supuxeron un gran incentivo para poñer en valor varios aspectos patrimoniais dos lugares onde se realizan, espertando un gran interese entre a veciñanza e tamén entre persoas que xa teñen participado nas rutas anteriores ou que se achegan desde outros lugares" asegurou Xosé Leal. O deputado indicou ademais que "esta iniciativa serve para recuperar prácticas e saberes que aínda permanecen na memoria de colectivos dunha zona, ao tempo que vai creando conciencia sobre a riqueza da nosa provincia tanto a nivel natural, como paisaxístico e arquitectónico". Pola súa banda, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, indicou que "é moi importante para o noso concello contar con esta iniciativa que ademais nos parece moi axeitada por coincidir co percorrido do Camiño de Santiago, que estamos a potenciar cunha programación cultural e co coidado do itinerario en canto a axardinamento e sinalización". Neste sentido, a rexedora insistiu en que "esta actividade vén reforzar o noso traballo e coincide plenamente co que desde o concello estamos interesados en potenciar".
O percorrido do roteiro é circular, e sae ás 10:30 horas do pazo de Mos, percorre a beira do río Louro e unha parte dos montes da contorna, para rematar de novo no pazo. A ruta percorrerá aproximadamente 7 quilómetros de dificultade baixa, o que a fai apto para todo tipo de públicos. Como guía actuará o arqueólogo Fran Alonso quen explicou que en Galiza existe unha realidade xeolóxica única que é a depresión meridiana, que traza unha ruta de norte a sur e que supón un eixo de comunicación ideal, e pola que discorre o Camiño de Santiago, a calzada romana ou o trazado do ferrocarril. "E esta realidade xeolóxica é a que provoca que haxa arxilas nesta zona" explica o arqueólogo. Polo tanto Mos, en plena depresión meridiana é un dos lugares onde tradicionalmente se viñan facendo traballos con arxilas, o que será aproveitado para poñer en valor esta tradición e conectala co saber popular, o medio natural, e a historia do concello. O percorrido inclúe unha actividade final que consistirá nunha demostración de como se fan os traballos en arxila e que correrá a cargo dun alfareiro profesional de Mos. A participación é gratuíta e é preciso realizar unha inscrición previa no teléfono da OMIX do Concello de Mos 986 339 404.
Esta ruta e a última dun programa de itinerarios comezara coa ruta sobre o mel e a cera de Forcarei, e seguira coa ruta da cantería en Cotobade, a da carpintería en Mondariz Balneario, e a das redeiras en Oia. As rutas etnoarqueolóxicas entran no marco das técnicas de arqueoloxía experimental, cuxo obxecto é dar a coñecer o patrimonio histórico e natural de forma divulgativa e lúdica, pero sen perder o rigor e a perspectiva científica. Estas rutas están deseñadas a través de percorridos de escasa dificultade, e son guiadas por persoas expertas que explican o contexto xeográfico, histórico e natural relacionado con cada unha das temáticas escollidas para cada experiencia. Todas as rutas finalizan cunha actividade explicativa sobre a materia, que no caso de Mos corre a cargo dun alfareiro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115