Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 30 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O Concello de Tomiño instala paneis interpretativos na Fortaleza de Goián

Os paneis achegan información dando unha visión exhaustiva do gran valor histórico e arquitectónico da fortificación.

[Img #35386]

 

O Concello realizou a instalación de dous indicadores informativos no Forte de San Lorenzo de Goián que serán de valiosa guía á cidadanía para obter unha detallada información na visita deste paradigmático contorna na ribeira do río Miño.

 

A localización dun dos paneis está na sección frontal diante da ponte da porta principal e outro no interior da fortaleza sobre un muro da marxe esquerda.

 

O cidadán recibirá información sobre a evolución histórica deste forte, considerado como un dos de maior importancia do municipio de Tomiño en canto a localización estratéxica, trazado arquitectónico, significado histórico e estado de conservación. Dá conta da súa relevancia a evolución histórica da edificación.

 

 Foi construído pola Coroa Española sobre o primitivo Forte da Barca e tras o Tratado de Lisboa (1688) foi devolto ao Reino de Galicia. Pasou a mans privadas mediante poxa (1873) e finalmente, un século despois, foi adquirido polo Concello de Tomiño quen empezou a súa recuperación como espazo cultural para a cidadanía na que aínda segue a traballar.

 

A instalación destes paneis interpretativos foi realizada polo Concello de Tomiño e financiada pola Deputación de Pontevedra na súa integridade.
 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.