PROVINCIA
A Escola EU Rural desprázase a Asturias para coñecer o aproveitamento de froiteiras atlánticas
![[Img #35391]](upload/img/periodico/img_35391.jpg)
O programa “Cos pes na terra” organizado pola Asociación de Desenvolvemento EU Rural prosigue a súa andaina formativa cunha viaxe a Asturias dirixida a coñecer experiencias de cultivo e aproveitamento de especies froiteiras atlánticas.
O xoves 28 e o venres 29 de setembro, trinta alumnos e alumnas viaxan a diferentes localidades da zona central asturiana, como Pravia ou Pola de Siero, para visitar e manter contactos con produtores e empresarios de plantacións de árbores froiteiras e de actividades de transformación relacionadas coa froita.
O Programa formativo “Cos pés na terra” segue coa programación de actividades informativas e demostrativas previstas. Finalizaron xa durante a semana pasada os cursos referidos a “Preparación de solos, podas e variedades en especies froiteiras atlánticas” e “Ferramentas para emprender” e, na vindeira semana, comezará o novo curso denominado “Pragas, sistemas de control e novas tecnoloxías no emprego de produtos fitosanitarios” que terá lugar os días 2, 3, 9 e 10 de outubro pola tarde en dependencias da casa do Concello de Tomiño.
O prazo para inscribirse nas actividades do programa “Cos pés na terra” segue aberto para os cursos “Uso eficiente da auga nas explotacións” e “Novas alternativas para o agro: Networking sobre vendas”, actividades que se realizarán durante o mes de outubro. As persoas interesadas poden facer as súas preinscricións a través da páxina web www.eurural.org. Ditas actividades contan con financiación de fondos FEADER no marco do PDR de Galicia 2014 – 2020, e coa colaboración do Concello de Tomiño e da entidade ACUBAM.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191