GALICIA
Os encoros de abastecemento da Demarcación Galicia-Costa atópanse ao 60 por cento da súa capacidade total
A maior parte das presas presentan valores superiores ao 60 por cento, agás Cecebre e Zamáns que están arredor do 55 por cento.
Os encoros da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, administrados por Augas de Galicia, atópanse ao 56 por cento da súa capacidade total. Concretamente, os de abastecemento, ao 61,20 por cento, e os de uso hidroeléctrico ou industrial, ao 55,47 por cento. Así se recolle no último boletín hidrolóxico no que se sinalan os datos da evolución dos recursos hídricos na Demarcación Galicia- Costa, recollidos a 25 de setembro, e no que se indica que os 19 encoros de Galicia- Costa contan cun volume total de encorado de 386,45 Hm3, dos 690,15 (volume total).
A maior parte dos embalses de abastecemento presentan valores arredor do 60 por cento da súa ocupación, agás Cecebre e Zamáns, que se sitúan no 55 por cento aproximadamente. Ademais, hai outras presas que presentan índices dispares en función da súa capacidade e uso, como é o caso de Baiona, Vilagarcía ou Pontillón do Castro cuxos valores están entre o 44, 14 e 93 por cento, respectivamente.
No que se refire ás bacías destinadas ao consumo hidroeléctrico, o encoro de Touro é o que presenta o maior porcentaxe de ocupación, cun 85,71 por cento. Comparando a situación actual cos niveis que se rexistraban o pasado ano, o volume dos encoros sitúase 8 puntos por debaixo, xa que o 29 de xullo de 2016 estaban ao 63,96 por cento, fronte ao 56 por cento actual.
En relación ás bacías destinadas ao consumo hidroeléctrico, a de Touro é o de maior volume
Aquí poden acceder ao Boletín Hidrolóxico, no que se amplía a información sobre a evolución dos recursos hídricos no ano hidrolóxico 2016-2017.
Cómpre sinalar que, pese a que os encoros presentan niveis inferiores con respecto ao ano pasado, o abastecemento á poboación está garantido, incluso naqueles pequenos núcleos abastecidos dende mananciais ou acuíferos, que están a acusar os efectos desta situación. É importante recordar que a situación de prealerta na que se atopa a Comunidade activouse debido ao baixo caudal dos ríos e dos acuíferos, que a causa do déficit de precipitacións, teñen dificultades para recargarse.
Non obstante, desde Augas de Galicia, reitérase a necesidade de realizar un uso responsable da auga e máis tendo en conta a situación de prealerta por seca na que se atopa a Comunidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121