Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 27 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

2.000 persoas pasaron xa por Mos para profundizar na historia do ferrocarril

A mostra sobre o pasado o presente e o futuro deste emblemático medio de transporte estará aberta ata o vindeiro sábado no Pazo dos Marqueses.

[Img #35400]

 

Unhas 2.000 persoas (entre particulares e grupos de escolares) visitaron xa a exposición ‘Lembranzas do Ferrocarril, pasado, presente e futuro’ dende a súa a pertura ao público o pasado 9 de setembro, segundo informaron dende a organización da mostra. Dita cifra representa un fluxo diario de visitantes que se aproxima á media de 120 persoas ao día.


O público asistente ata o de agora foi de moi diversa procedencia, incluso internacional. Os visitantes máis abundantes foron os procedentes de Portugal, Vigo e Redondela.


Concretamente onte fixeron ruta guiada pola exposición, e divididos en varios grupos, os preto de 300 alumnos/as do mosense Colexio Pena de Francia, que estiveron acompañados por Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Camilo Augusto, concelleiro de Educación mosense, e Sara Cebreiro, edil de Cultura e Política Social.

 

[Img #35402]


Tamén está previsto que o venres 29 de setembro pola mañá se celebre unha visita guiada para un grupo de 60 alumnos/as dun colexio de Redondela. E o mesmo venres 29 de setembro impartirase unha charla-coloquio con entrada libre e de balde a cargo de Juan Aguilar Madrazo, director do IES Pino Manso do Porriño e de Xosé Ramón Iglesias Veiga, doutor en Historia, sobre ‘A liña Ourense-Vigo, un pasado e un presente’.


Os organizadores desta espectacular e interesantísima mostra son José C. Cabaleiro Romero, Óscar Carrera Vilaboa, e Nilsa J. González Solla.


A mostra poderá ser visitada no Pazo de Mos ata o vindeio sábado 30 de setembro, día no se celebrará un acto de clausura. O horario de visitas é de 10:00 horas a 13:30 horas e de 17:00 horas a 21:30 horas. As maquetas de trenes que se expoñen na mostra funcionan de martes a venres de 17:00 horas a 20:00 horas e os sábados de 10:30 horas a 13:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas. Os teléfonos para obter máis información sobre esta exposción son 669 888 699 e 620 102 506.


Expóñense pezas antigas restauradas de incalculable valor histórico e material, así como fotografías, pezas a escala –algunhas feitas a man- e maquetas de gran interese. Durante toda a duración da mostra realizáronse, conxuntamente entre a concellería de Educación do Concello de Mos, a organización da exposición e os docentes dos propios centros educativos, visitas guiadas para o alumnado dos colexios mosenses.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.