Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 28 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mos avanza no seu plan integral de posta en valor de fontes e lavadoiros

A recuperación destes recursos patrimoniais municipais é moi demandada pola veciñanza. A alcaldesa visitou hoxe a recentemente rematada Fonte da Fontarvela na parroquia de Tameiga, que eleva a 10 os elementos xa rehabilitados.

[Img #35430]

 

O Concello de Mos iniciou o pasado mes de agosto un plan integral de posta en valor de fontes e lavadoiros. Os traballos a realizar dentro de dito plan inclúen labores de limpeza e reparación destes elementos patrimoniais tan abundantes e prezados pola veciñanza mosense. A última fonte rehabilitada, dotada tamén de lavadoiro, foi a da Fontarvela (parroquia de Tameiga) que onte recibiu a visita da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, do concelleiro mosense de Vías e Obras, Luis Alonso, e da edil de Cultura, Sara Cebreiro; quenes estiveron acompañados dun grupo de veciños/as da zona.

 

 

[Img #35429]Ata o de agora operarios municipais xa levan actuado, contando esta última da Fontarvela, nun total de 10 fontes que foron adecentadas dende mediados de agosto. 2 destas fontes atópanse ubicadas na parroquia de Guizán e trátase da Fonte do Parque das Lagoas e da Fonte da Mela, outras 2 están en Cela e son a Fonte de Lagoa-Cabanelas e a Fonte de Balada-Sequeiros; e por outra banda 3 das fontes xa optimizadas atópanse na parroquia de Pereiras, 1 en Louredo, 1 en Torroso e 1 en Tameiga (a devandita Fonte da Fontarvela). Ademais a empresa concesionaria do servizo municipal de mantemento de parques e xardíns realiza rondas de repaso de todas as fontes e lavadorios inventariados da localidade mosense para comprobar o estado dos mesmos, proceder á súa limpeza e/ou reparación en todos aqueles casos nos que sexa necesario.


En total actuarase en 41 fontes e lavadoiros distrubuídos polas 10 parroquias mosenses: 2 en Dornelas, 4 en Mos, 4 en Petelos, 5 en Tameiga, 2 en Guizán, 2 en Louredo, 3 en Sanguiñeda, 7 en Pereiras, 2 en Torroso e 10 en Cela.


Mos é un municipio que se caracteriza pola súa relación coa auga e o gran patrimonio relacionado co líquido elemento que alberga dentro das súas fronteiras. En total o Concello conta con preto de 150 elementos relacionados cos recursos hídricos mosenses inventariados e que se distribúen entre fontes, pontes, muíños, lavadoiros, canles, parques, pías, etc.


‘Mos espazo de augua... espazo de vida’
Todo este legado patrimonial que agora se está a poñer en valor aparece recollido no libro titulado ‘Mos espazo de augua... espazo de vida’. Dita publicación foi elaborada polos alumnos/as da especialidade de Deseño de Produtos Gráficos do Obradoiro de Emprego ‘Mos Verde’ cun inmellorable resultado. Este obradoiro rematou en marzo de 2017.


No libro recóllense fotografías, rutas de acceso e coordenadas xeográficas dos recursos naturais hídricos mosenses e das construcións que ao redor deles se forman.


Ao longo das máis de 100 páxinas, 118 concretamente, sucédense todo tipo de elementos relacionados coa auga entre os que se atopan muíños, fontes, pontes, etc…


Este volume constitúe unha viaxe virtual polas dez parroquias mosenses, xa que o libro clasifícase a razón dun capítulo por parroquia. En cada parroquia pódese atopar a xeolocalización e o mapa da ruta da auga mosense, ademais das fotos máis significativas de cada lugar a destacar.


Grazas a esta publicación fíxose tamén un repaso do inventario patrimonial do Concello de Mos e realizáronse novos descubrimentos e inclusións neste, que ascenderon a 41 elementos inventariados a maiores. Ata o de agora constaban no inventario 103 elementos.


En total inventariáronse e xeolocalizáronse no libro 145 elementos relacionados cos recursos hídricos mosenses: 58 muíños, 65 fontes, 8 lavadoiros, 5 pontes, 3 parques (nos que existen recursos hídricos, por suposto en Mos hai moitos máis parques), 1 muíño de man romano na parroquia de Guizán, unha canle granítica da chan de Mos e verea tradicional en Louredo, unhas pías, as Pías de San Pedro en Cela;  e outros achados.


Dos 58 muíños 7 atópanse na parroquia de Tameiga, 6 en Sanguiñeda, 5 en Petelos, 7 na parroquia de Mos, 6 en Dornelas, 8 en Cela, 3 en Torroso, 8 en Pereiras, 7 en Louredo e 1 en Guizán.


Das 65 fontes 7 atópanse na parroquia de Tameiga, 9 en Sanguiñeda, 6 en Petelos, 6 na parroquia de Mos, 8 en Dornelas, 15 en Cela, 3 en Torroso, 2 en Pereiras, 2 en Louredo, e 7 en Guizán. Destaca a enorme cantidade de fontes existentes na parroquia de Cela, que case duplica en número á seguinte parroquia en cantidade de fontes que é a de Dornelas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.