PROVINCIA
O Consorcio Casco Vello de Vigo suma o seu sexto edificio na fachada do Berbés
O comité executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo autorizou a compra do inmoble, o número 7 da fronte marítima, distribuído en planta baixa e tres pisos.
![[Img #35451]](upload/img/periodico/img_35451.jpg)
O comité executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo, participado nun 90% pola Xunta e nun 10% polo Concello, autorizou na súa reunión desta semana a compra dun novo edificio na Ribeira do Berbés, concretamente no número 7. Unha operación de 255.000 euros, que se encadra no obxectivo irrenunciable do ente rehabilitador de recuperar a fronte marítima, e que supón a adquisición do sexto inmoble nesta zona do barrio histórico vigués, cunha inversión en conxunto que supera os 1,7 millóns de euros.
En moi mal estado de conservación, a superficie total deste inmoble na actualidade é de 544 metros cadrados, distribuídos en planta baixa comercial e tres pisos destinados a vivenda. Asentado sobre unha parcela de 126,83 metros cadrados con fachada á citada praza do Berbés, conserva o característico soportal das vivendas do Berbés, cun arco portante de medio punto.
De acordo coa súa ficha do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Vello (PEPRI) conta cun nivel de interese arquitectónico medio, de interese histórico alto e de interese urbanístico moi alto. O mesmo documento establece como elementos a conservar as fachadas de pedra da construción orixinal así como a necesidade de restituír distintos elementos que foron suprimidos nas reformas ás que se viu sometido. Este é o caso das carpinterías exteriores de madeira.
Así o confirmou o delegado da Xunta en Vigo e presidente do CCVV, quen indicou que os futuros usos deste edificio están aínda por definir. Neste senso, Ignacio López-Chaves fixo fincapé no compromiso adquirido no seu día polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cara á recuperación e dinamización da fronte marítima do Casco Vello de Vigo, e trala importante intervención que ten feito ata o de agora o ente rehabilitador na parte alta.
Esta operación, por 255.000 euros, súmase á recente adquisición de Ribeira do Berbés 41, ao número 5 e aos tres edificios que acollerán a sede da Universidade
Segundo dixo, atendendo unicamente á Ribeira do Berbés, o Consorcio Casco Vello de Vigo leva investidos máis de 1,7 millóns de euros na compra de seis edificios, tres deles cedidos á Universidade de Vigo. Cifra que López-Chaves elevou por encima dos 3 millóns de euros ao incluír nela os 1,5 millóns que a maiores aportará a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a construción da que será a sede da institución académica no barrio histórico.
A compra de Ribeira do Berbés número 7, súmase a outras cinco realizadas polo CCVV na mesma praza. Trátanse en concreto dos edificios situados nos números 11, 13 e 15, nos que se instalará proximamente a sede da Universidade de Vigo; o localizado no número 5, que foi adquirido en 2016; e o situado no número 41, cuxa adquisición se produciu o pasado 7 de setembro. A rehabilitación deste último está previsto que comece ao longo de 2018.
Labor do CCVV
Nestes doce anos, o Consorcio Casco Vello adquiriu 69 inmobles situados dentro dos límites do seu ámbito de actuación, fixados polo PEPRI Casco Vello. Deles 46 están xa totalmente rehabilitados, 7 foron transferidos a outros organismos, 4 están en proceso de construción, 5 en proxecto e tan só en sete deles, a maior parte de recente adquisición, non se iniciaron aínda os labores de rehabilitación.
O consorcio promoveu 108 vivendas, das que 83 xa foron vendidas e outras 15 están en distinta fase de execución.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191