MOS
Mos proxecta outro Parque da Auga á beira do río Louro na Pesqueira
O Concello de Mos formalizou onte a compra dos terreos necesarios para acometer un proxecto valorado en 200.000 euros.
![[Img #35455]](upload/img/periodico/img_35455.jpg)
O Concello de Mos asinou onte a adquisición de 4.000 metros cadrados de terreos para a realización dun novo parque na Pesqueira (parroquia de Mos) integrado no Sendeiro Ecolóxico do Río Louro e que incluirá diversas áreas de xogo para distintas idades, zonas de recreo e lecer, e un Parque da Auga.
No acto de sinatura celebrado onte no salón de sesións da Casa Consistorial estiveron presentes a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o concelleiro de Patrimonio, Camilo Augusto, a Secretaria Municipal e os propietarios dos terreos adquiridos pola administración local.
A rexedora local informou respecto do futuro novo parque que un equipo técnico municipal está a traballar na redacción do proxecto cuxo orzamento de execución alcanzará os 200.000 euros e agrupará un Parque da Auga, un parque infantil, elementos biosaudables para adultos e unha zona de esparcemento e lecer que inclúa merendeiro con mesas, bancos, arboleda, etc.
A idea de incluír un novo Parque de Auga surxiu da enorme afluencia e o gran éxito que ten o xa existente Parque da Auga de Sanguiñeda. “Agora con este novo proxecto crearemos un Parque da Auga a maiores no outro extremo do municipio e nunha zona, como é o Paseo do Louro, enormemente transitada e concorrida pola veciñanza mosense, tanto para facer deporte como para pasear ou compartir o tempo de lecer cos máis cativos das familias”, declararon os representantes municipais Arévalo e Augusto.
Para financiar este proxecto, que se estima poida estar rematado de cara á primavera do vindeiro ano 2018, o Concello de Mos solicitará unha subvención á Xunta de Galicia.
A alcaldesa e o edil de Patrimonio consideran que “con este novo parque lograrase que o Paseo do Louro continúe crecendo en número de visitas e visitantes –xa que é un dos principais atractivos naturais do municipio, sendo xa unha zona moi transitada e cunha gran demanda- ao incluír un atractivo maior: un espazo que aglutinará zonas de ocio para todas as idades e onde poderán divertirse xuntos avós/as con netos/as, pais/nais con fillos/as, etc.” E é que o actual parque da Pesqueira, situado tamén xunto ao paseo pero do outro lado da estrada, conta só con elementos infantís e debido á gran afluencia diaria de familias quédase xa pequeno.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115