PROVINCIA
O pazo provincial da Deputación de Pontevedra acolle este venres a V Gala do Deporte Feminino Galego
No acto, presidido pola Presidenta Carmela Silva, entregaranse os premios correspondentes ao ano 2016 con Támara Echegoyen, Ángeles Barreiro ou Susana Rodríguez entre as homenaxeadas.
O Salón de Plenos da Deputación Provincial de Pontevedra acollerá este venres, as 20.30 horas, a quinta edición da Gala do Deporte Feminino Galego. No transcurso deste evento, se procederá a entrega dos Premios do Deporte Feminino Galego, correspondentes ao ano 2016, promovidos por Mudegá, co obxectivo de facer visibles os éxitos das nosas deportistas.
Támara Echegoyen, (campioa do mundo en 2016 e olímpica en Río na modalidade de vela, onde rozou a medalla ao rematar na cuarta posición despois de estar durante todas as regatas en cabeza), foi elixida como mellor deportista galega do 2016, mentres que o mellor equipo é o Breogán do Grove feminino de piragüismo, que logrou o título da I Liga Nacional de Sprint Olímpico Feminino (sénior e xuvenil) e da Copa da Raíña Senior de Sprint Olímpico. O xurado foi unánime ao outorgar o premio a mellor traxectoria deportiva a Ángeles Barreiro, unha das pioneiras do deporte galego (lanzadora de disco, olímpica en Barcelona 92, once veces campioa de España e máis de cincuenta veces internacional).
A adestradora de esgrima Ruth Ballesteros foi elixida como a mellor adestradora polo espectacular traballo que está a realizar cos rapaces e rapazas que adestra, tanto na Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno coma no seu club, 100Tolos. Ademais, María Bautista (árbitra de taekwondo) acadou o premio á mellor xuíza do ano 2016. María, presente en todos os campionatos de España e varias probas internacionais -participou no Europeo sénior de taekwondo dese ano-, quedou ás portas da clasificación para os Xogos de Río. Rosa Patiño, a eterna secretaria do Celta de baloncesto feminino, foi elixida como mellor directiva polo seu traballo neste club durante máis de vinte anos.
O premio para a entidade privada máis colaboradora é para Pescamar, patrocinadora de Poio de fútbol sala, Arxil (baloncesto), Leis ou Cidade de Pontevedra (fútbol sala). Esta empresa colabora de forma activa co deporte dende hai varios anos e son moitos os clubs femininos que contan co seu apoio económico.
O premio para o xornalista/medio de comunicación amigo foi ex aequo para Paula Montes e Óscar Losada, ambos cunha longa traxectoria profesional na que amosaron a súa sensibilidade para recoñecer os méritos do deporte feminino de forma igualitaria. A mellor deportista promesa é Irene Blanco (halterofilia) que non deixa de superar marcas nun ano excepcional (subcampioa de Europa sub 15, campioa de España sub 15, sub 17, subcampioa de España júnior e bronce sénior) e Susana Rodríguez Gacio (bronce no Europeo de Paratríatlon, ouro no Mundial de Paraduatlón e quinta nos Xogos Paralímpicos de Río) foi elixida mellor deportista con diversidade funcional do ano 2016. Ao coincidir os premios con ano olímpico, o xurado decidiu homenaxear tamén na gala ás deportistas galegas presentes en Río e asistirá á gala Teresa Portela, con cinco Xogos Olímpicos ás súas costas.
No transcurso da gala, tamén se entregarán tres mencións especiais: a Teresa Martínez Cancelo (árbitra de hóckey sobre patíns que acaba de retirarse despois de máis de trinta anos na elite da arbitraxe), Cristina Fernández Piñeiro (primeira árbitra que dirixiu un partido da máxima categoría do balonmán masculino en España e a primeira árbitra internacional) e a Pilar Neira, que foi a fundadora de Mudegá e acaba de abandonar ese cargo despois de máis de dez anos ao fronte deste colectivo.
V PREMIOS DO DEPORTE FEMININO GALEGO
Mellor deportista Támara Echegoyen
Mellor deportista con discapacidade Susana Rodríguez Gacio
Mellor traxectoria Ángeles Barreiro
Medios de comunicación/xornalista Paula Montes/Óscar Losada
Mellor adestrador/a Ruth Ballesteros
Mellor árbitra/xuiza María Bautista
Entidade privada amiga Pescamar
Directiva máis comprometida Rosa Patiño
Mellor equipo Equipo feminino Breogán do Grove
Premio a mellor deportista promesa Irene Blanco
Mencións especiais Cristina Fernández Piñeiro Teresa Cancelo Pilar Neira

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191