NIGRÁN
Nigrán habilita beirarrúas de acceso ao Humberto Juanes
Os escolares teñen este curso un roteiro seguro e accesible nunha contorna que anteriormente compartían por igual vehículos e peóns.
Operarios municipáis do Concello de Nigrán rematarán antes de fin de mes a última fase das obras para facilitar un roteiro peonil seguro e sen barreiras físicas ao colexio Humberto Juanes, tal e como se contempla no proxecto de goberno 'Un Nigrán para todos'. Así, habilitáronse beirarrúas en toda a contorna que linda co centro educativo (non existían) e, paralelamente, eliminouse o banzo que existía na cancela peonil de entrada a favor dunha rampla e reparouse o acceso para vehículos. Deste xeito, o colexio Humberto Juanes contará dende este curso cun roteiro peonil seguro e accesible nunha contorna que anteriormente compartían indistintamente vehículos e persoas (fundamentalmente nenos).
Así, na primeira fase das obras o Concello abrira un espazo ao carón das escolas infantís e antigas casas dos mestres co obxectivo de permitir un acceso peonil dende a Praza do Concello (obra enmarcada na reforma da pranta baixa do Concello e as súas inmediacións) e agora a ampliou o roteiro ata a mesma entrada do centro educativo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213