Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 29 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP de Salceda denuncia o estado de "abandono" dalgúns dos parques infantís do concello

"Os veciños e as veciñas da Picoña continúan á espera, máis dun ano despois, da mellora do parque Chan da Arrotea que o Alcalde lles prometera" explican.

O voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, denuncia o "incumprimento da palabra por parte do Alcalde ós/ás veciños e veciñas da Picoña ós/ás que lle prometerá a mellora do Parque Chan da Arrotea, asi coma o pasotismo amosado tras os reiterados rogos a través dos que os populares incidiron na necesidade de mellora e acondicionamento do mesmo".

 

“Para poñernos en antecedentes, é preciso explicar –tal e como nos trasladaron- que no mes de Agosto do ano 2016, o Goberno Local retiraba a area do Parque Chan da Arrotea (Picoña), a madeira que delimitaba a zona de xogos e os bancos, ca promesa de que se procedería ó acondicionamento do mesmo nun curto prazo de tempo. No mes de Maio –nove meses depois da promesa do Alcalde- algún/as Concelleiros/as deste Grupo visitabamos a zona acompañadaos/as dos/as veciños/as e presentabamos o correspondente Rogo por Rexistro (con data de entrada 26 de Maio de 2017 e número 3025) para que se procedese á limpeza e mellora do Parque. Aínda que se nos asegurou en Pleno que se tería en conta a proposta, o certo é que a día de hoxe a situación continúa a ser de abandono total, -tal e como se amosa nas imaxes que adxuntamos destes días-: as herbas invaden as randeeiras (columpios) e os tobogáns impedindo o xogo dos/as nenos/as, os bancos seguen tal e como os deixaron e o escombro forma parte da paixase” explica Davila

 

 

 

 

"O Goberno Municipal continúa malgastando os cartos en publicidade en vez de invertir na mellora e acondicionamento dalgúns dos parques infantís do Concello" sinala

 

 

 

 

Continúa o voceiro “en vista de que a situación continuaba sen solventarse, o pasado día 19 deste mes de setembro, este Grupo presentaba outro rogo por Rexistro (número de entrada 5395) incidindo sobre o anterior e solicitando a solución inmediata da situación. Os/as veciños/as están fartos de ver cómo o Alcalde malgasta cantidades moi elevadas de diñeiro en publicidade e propaganda (carteis, pancartas, comunicación…) e outros menesteres, en vez de arranxar os parques infantís para que os/as cativos/as poidan xogar. Estamos na convicción de que cos cartos que seguen sen aparecer por entradas cobradas a veciños/as por actuacións no Auditorio Municipal, ben se poderían empregar para arranxar e mellorar os mesmos (Caso Auditorio)”.

 

“Éste non é o único exemplo de abandono dos parques infantís. O estado das randeeiras (columpios), tobogáns e dos xogos en xeral, así como do chan e do entorno do Parque da Gándara e do de Parderrubias (no torreiro parroquial) son moi mellorables. Unha vez máis o Alcalde deixa en evidencia cáles non son as súas prioridades” remata Davila.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.37

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.