PONTEAREAS
Concello de Ponteareas e Seguridade Social negocian o edificio da Praza Maior
O goberno de Ponteareas destinará as plantas valeiras do edificio a crear un viveiro de empresas e de apoio a emprendedores.
![[Img #35490]](upload/img/periodico/img_35490.jpg)
O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a Tenente de Alcalde, Chus Garrote, reuníronse co Director da Tesourería da Seguridade Social, Juan Herrera de la Rubia, e co director provincial do INSS, Luís Pérez, para dar un paso máis na adquisición de dúas das plantas do edificio da Seguridade Social na Praza Maior.
O goberno de Ponteareas destinará estas novas infraestructuras a crear un viveiro de empresas e un espazo para emprendedores, entre outro tipo de usos e iniciativas. A intención do goberno local é axilizar as negociacións para a adquisición das dúas últimas plantas deste edificio, estratéxicamente ubicado, e que ofrecería espazo para distintos proxectos recollidos dentro das liñas de traballo da estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable” que se desenvolverá con cargo aos fondos FEDER da Unión Europea.
O Alcalde de Ponteareas e a Tenente de Alcalde reúnense co Director de Tesourería da Seguridade Social e co director provicial do INSS
Como continuación do acordo da Xunta de Goberno Local de novembro de 2016, o Concello de Ponteareas sentouse cos responsables provinciais do INSS para seguir os pasos pertinentes ata acadar o uso destas dúas plantas, valeiras dende hai máis dunha década, que reúnen as mellores condición para albergar este viveiro de empresas e outros usos sociais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115