PROVINCIA
Ethel Vázquez avanza que a totalidade da autovía do Morrazo estará finalizada no verán de 2019
No treito I, entre Rande e Domaio, o nivel de execución é do 55% e no II, entre Domaio e Meira, as actuacións están ao 40%, destacando os traballos no viaduto da Mo.
![[Img #35493]](upload/img/periodico/img_35493.jpg)
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, supervisou hoxe as obras da autovía do Morrazo, cuxa totalidade estará finalizada no verán de 2019 e os dous primeiros tramos xa entrarán en servizo na vindeira primavera.
Vázquez Mourelle subliñou que a Xunta segue avanzando na construción desta autovía que constitúe a infraestrutura de maior investimento autonómico que está a desenvolver o Goberno galego, con 11 km e 55,5 millóns de euros.
No treito I, entre Rande e Domaio, os traballos están avanzados en toda a traza, cun nivel de execución do 55%. Tamén as obras do treito II, entre Domaio e Meira, se están a executar a bo ritmo, realizadas xa en máis dun 40%, destacando os traballos no viaduto da Mo.
A conselleira trasladoulle aos alcaldes de Moaña, Cangas, Bueu e Vilaboa que o peche ao tráfico do corredor posponse ata o 9 de outubro para facilitar os desprazamentos durante a celebración da feira Conxemar
No treito III, entre Meira e o primeiro enlace de Cangas, veñen de comezar os traballos, cun prazo de execución de 24 meses.
Peche ao tráfico
Por outra parte, a conselleira mantivo hoxe un encontro cos alcaldes de Moaña, de Cangas, de Bueu e de Vilaboa para abordar o próximo peche ao tráfico do Corredor do Morrazo, xa que inicialmente estaba previsto comezalo xa a principios de mes, pero posponse ata o 9 de outubro para facilitar os desprazamentos durante a celebración da feira Conxemar. O peche prolongarase ata o vindeiro mes de maio, data na que xa se abrirán ao tráfico os dous primeiros treitos con características de autovía.
Cómpre lembrar que no mes de xuño comunicóuselles aos alcaldes que os estudos técnicos realizados pola Xunta certificaban a viabilidade de ampliar o túnel de Montealegre. Ante esta nova posibilidade, en lugar de facer un segundo túnel para construír a autovía, Xunta e Concellos tomaron a decisión unánime de ampliar o túnel existente para salvagardar a totalidade do Castro de Montealegre.
Vázquez Mourelle tamén indicou que para evitar un corte total de tráfico dun mínimo de 2 meses no tramo III por mor das obras, a Xunta propón como solución un desvío provisional na zona onde é preciso levar a cabo as voaduras
Respecto aos traballos correspondentes ao treito III da autovía, que inicialmente suporían un corte total de tráfico dun mínimo de 2 meses, a conselleira explicoulle hoxe aos alcaldes unha solución alternativa para non retrasar a obra e, ao tempo, minimizar a afección ao tráfico. Esta solución consistirá nun desvío provisional na zona onde é preciso levar a cabo as voaduras, o que evitará un peche total ao tráfico no treito III do corredor.
Ethel Vázquez agradeceu de antemán a paciencia e a compresión dos veciños e dos usuarios da vía polas incomodidades e molestias que suporá este corte de tráfico no corredor. Neste sentido, salientou que se van poñer os medios necesarios para tratar de minimizar as consecuencias, co reforzo do transporte marítimo de ría, incrementando as frecuencias, e do servizo de ambulancia no Morrazo; ou adoptando outro tipo de medidas, como o reforzo da sinalización e da información aos cidadáns.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191