Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 04 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Goberno local porá en marcha as medidas para eliminar as barreiras sensoriais nos edificios municipais

[Img #35511]

 

A alcaldesa, Eva García de la Torre, e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Soledad Girón, mantiveron unha xuntanza con responsábeis de ACEESCA e distintos especialistas co obxectivo de impulsar dende o Goberno local do Porriño un proxecto que permita eliminar as barreiras sensoriais que impiden o acceso á información a través dos sentidos ou as barreiras cognitivas, que impiden a comprensión do entorno e os seus elementos,e facer os edificios municipais, accesíbeis ás persoas con discapacidade intelectual.


A xuntanza, e o feito de expor este obxectivo coincide con varias datas sinaladas: o Día Internacional da Accesibilidade Cognitiva, e a celebración os vindeiros días 19 e 20 de outubro, do Congreso Estatal de Accesibilidade Cognitiva que baixo o lema ”Queremos comprender o mundo”, xuntará en Cáceres a 400 persoas procedentes de España, Europa e os Estados Unidos que debaterán sobre cómo garantir a igualdade de oportunidades para todas as persoas.


Soledad Girón subliña que “para unha persoa con discapacidade intelectual, frecuentemente os iconos resultan moi confuso”, ás veces é case imposible vendo os símbolos saber cal é o baño para cada sexo ou, se usan aparatos auditivos, entender o que se fala debido a posibles interferencias que poden eliminarse doadamente instalando un aparello que as neutralice.


"As dificultades de accesibilidade na discapacidade intelectual é moi pouco coñecida e unha grande esquecida porque habitualmente pensamos nas barreiras físicas”, indica a alcaldesa  quen asumiu o compromiso de manter xuntanzas periódicas para por en marcha ideas que eliminen estas barreiras e faciliten a accesibilidade e a poñer en marcha, nos inmobles municipais, medidas que eliminen as barreiras que se atopan as persoas con discapacidade intelectual. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.