Sábado, 04 de Octubre de 2025

Xornal21
Martes, 03 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva demanda unha urxente actuación do goberno ante os dartos do desemprego na provincia

A Presidenta da Deputación de Pontevedra expresou a súa preocupación porque os datos da provincia superan en case tres puntos a media nacional.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, demandou hoxe unha actuación urxente do goberno do estado español e da Xunta de Galicia ante as cifras de crecemento do desemprego na provincia de Pontevedra e na comunidade autónoma.

 

“Os datos do desemprego do mes de setembro seguen a dicir que é certo que a nivel macro económico hai maior actividade pero tamén que esta actividade non crea emprego de calidade, senón todo o contrario, emprego precario e a tempo parcial. A nosa provincia non pode soportar máis esta situación. Teñen que poñer recursos tanto o goberno como a Xunta de Galicia para potenciar a actividade na nosa comunidade e no conxunto do estado porque esta situación empeza a ser insoportable”, subliñou a Presidenta.

 

Carmela Silva recordou que mentres as cifras en Galicia duplican a media de crecemento do desemprego do estado español, en Pontevedra este porcentaxe se dispara ate o 3,36 por cento, o que demostra “o que vimos denunciando dende a Deputación de Pontevedra que só creamos emprego nos meses onde hai turismo, polo tanto moi ligado os servizos e conxuntural con maioría de contratos temporais”  polo que é necesario crear “un proxecto potente de promoción da actividade económica ligada  á industria   e a innovación  e non a sectores que crean emprego parcial, temporal  e conxuntural nuns meses do ano”, conclúe Silva.

 

A Presidenta subliñou que tamén e necesario “poñer en marcha proxectos públicos de creación de emprego de calidade onde as mulleres e os mozos e mozas sexan os protagonistas xunto os parados de longa duración. O Partido Popular tense que poñer as pilas, tanto a nivel do estado como en Galicia”.

 

Por último, Silva chamou a atención sobre os datos que reflexan que o emprego que se crea é de baixa calidade pola ampla temporalidade “que impide desenvolver un proxecto de vida” e que, sobre todo, o rostro desta “nova pobreza” ten nome de muller porque seguen a ser o maior número de desempregadas.  

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.