Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 05 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

ACiP denuncia que o goberno Municipal "realiza obras ilegais no Colexio Virgen dos Remedios"

[Img #35545]

 

O Portavoz municipal de ACiP Juan Carlos González Carreira denuncia ó Concello de Ponteareas e neste caso á Concelleira de ensino Cristina Fernández "pola construción de obras ilegais no Colexio Fermín Bouza Brey.
Ditas obras carecen de licenza municipal por que este Concelleiro ante as denuncias dos veciños solicito información na oficina Técnica Municipal e a propia arquitecta confírmalle a ilegalidade das obras realizadas no devandito colexio".

 

"As obras realizadas son a construción de paredes e revestimento das mesmas e a cuberta na zona da vivenda denominada casa do conserxe" explican.

 

"As obras non gardan retranqueo co viario publico de aí da súa ilegalidade segundo o decreto 119 do 21 de xuño de 2002 polo cal se dispón as normas de construción no Concello de Ponteareas,no artigo 7 de Ordenanza de equipamentos e dotacións públicas a cal  di claramente que as distancia a retranquear é de 5 metros aos peches o cal prohibe calquera tipo de obras ou construción como é o caso" din nun comunicado.

 

"Desde Acip preguntámonos por este goberno municipal que se pon a realizar obras ilegais mentres esixe aos veciños o cumprimento das normas que tipo de exemplo dá" din.


Tamén esixen "o cumprimento das normas como todos o veciños pero a mais preguntámonos o custo económico que tivo a construción destas obras e quen  vai asumir pois non se pode pagar con diñeiro público unha obra ilegal. É máis a utilización de diñeiro público no pago de obras ilegais podería ter responsabilidade penal pois estariamos a falar dunha posible prevaricación".

 

O Portavoz de ACiP esixe "ao Sr Represas á paralización inmediata das obras  e a reposición á legalidade  das mesmas".


Reclama tamén que "sexa convocada unha comisión  onde se informe a todos grupos municipais dos custos económicos que ditas obras tiveron para o Concello quen tomou a decisións da realización das devanditas obras ilegais e responsabilidades políticas vai tomar o responsable da devandita decisión".

 

Ao mesmo tempo advirten "o que sempre dixemos que  non nos gusta xudicializar  a política municipal agora ben o que non imos permitir que estas actuacións queden o caixón ou esquecemento e ninguén asuma responsabilidades de algo tan grave".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.