NIGRÁN
Unha quincena de voluntarios do Concello de Nigrán retira lixo do esteiro de A Foz, na Ramallosa
Fundamentalmente sacouse material de construción pero tamén cristais, neumáticos, plásticos... aseguran que "en total, suman 2'5 toneladas recollidas dende o ano 2015"
![[Img #35555]](upload/img/periodico/img_35555.jpg)
Unha quincena de voluntarios retirou este domingo media tonelada de lixo do esteiro de A Foz (A Ramallosa) na 'X Limpeza Simultánea' organizada polo Concello de Nigrán e coordinado pola asociación ecoloxista Adega no marco do 'Proxecto Móllate polos Ríos'. Aproveitando a marea baixa, os participantes extraeron fundamentalmente material de construción, botellas de vidro, plásticos, neumáticos ou redes. Este é o terceiro ano consecutivo no que o Concello se suma a esta iniciativa promovida polo goberno local, retirándose do esteiro de A Foz dende o ano 2015 un total de 2,5 toneladas de lixo. "Esta xornada busca a concienciación social e a sensibilización medioambiental, queremos incidir en que o esteiro é patrimonio de tódolos miñoranos e entre todos debemos coidalo", resume o edil de Medio Ambiente, Diego García.
Esta 'X Limpeza Simultánea' tivo lugar en ríos que atravesan medio cento de municipios de Galicia e sempre se realiza grazas ao labor de grupos de voluntarios, xa que se trata dunha iniciativa que busca a concienciación social.
O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213