Xornal21
Lunes, 09 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
GALICIA
As pemes galegas multiplican por catro o uso do software libre desde 2007
O 86,8% das empresas de dez ou máis traballadores xa emprega este tipo de tecnoloxías, fronte a só o 22,7% de hai dez anos.
Nos últimos dez anos Galicia -e o conxunto de España- viviu a maior crise económica das últimas décadas pero, ao mesmo tempo, emerxeron sectores que supoñen novos nichos de crecemento para a nosa comunidade, como é o caso das tecnoloxías libres.
De feito, o uso deste tipo de software entre as pequenas e medianas empresas (pemes) galegas multiplicouse por catro desde 2007, pasando do 22,7% ao 86,8%, segundo datos oficiais do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga) analizados por LibreCon.
Nas grandes empresas este crecemento tamén é continuo desde 2006 e xa superan a media española no uso deste software. Nas microempresas, o 49,8% usa tecnoloxías abertas. En xeral, Galicia sitúase como a novena comunidade autónoma con maior proporción de software libre nas empresas, por diante de autonomías como Cataluña (85,5%), Madrid (84,7%) e País Vasco (82,2%).
Esta evolución confirma o que Carlos Rodríguez, presidente da Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol), considera como “unha oportunidade única” para a economía de Galicia, xa que “o software privativo impórtase, non é adaptable e xeralmente non achega nada especial, mentres que o software libre pode ser mellorado e, ademais, esas melloras pódense vender e mesmo exportar a calquera parte do mundo”.
A expansión tamén se produce entre as microempresas, onde o 49,8% xa contan con software aberto
O impacto positivo que proporcionan e os aforros que facilitan (máis de medio billón de euros anuais na Unión Europea), fan das tecnoloxías libres unha tendencia á alza. Nesta liña, o 46% das empresas galegas considera que o seu uso seguirá aumentando, unha expectativa sostida polo constante aumento de cota de mercado do software libre en detrimento do privativo nos últimos anos.
Outra das vantaxes que proporciona é de carácter cultural e social, xa que o código aberto destas tecnoloxías permite modificacións “made in Galicia” para adaptarse á realidade bilingüe da nosa comunidade.
Aposta tamén no sector público
Conscientes das vantaxes e aforros económicos que supón, o 82,6% dos concellos galegos utilizan software libre, cun aumento do 3,1% respecto ao ano anterior, fronte ao crecemento cero (+0,1%) dos privativos, segundo os datos de Osimga. Esa porcentaxe elévase ao 100% nos municipios de máis de 20.000 habitantes.
Desde 2007 o uso das tecnoloxías libres case que se duplicou nos concellos galegos, desde o 49% ata o 82,6% actual. Do mesmo xeito que nas empresas, a maioría dos municipios (42,9%) cre que o uso do software libre nos ordenadores de usuario elevarase dentro dun ou dous anos.
LibreCon en Compostela, 19 e 20 de outubro
A importancia do software libre na sociedade e na economía debaterase os vindeiros 19 e 20 de outubro na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, onde se celebrará a VII edición de LibreCon, o maior encontro internacional de tecnoloxías libres.
Precisamente este evento naceu en Santiago e, sete anos despois, volve á capital galega polo simbolismo que ten para o sector e por ser Galicia unha das comunidades españolas con maior presenza desta tecnoloxía.
Este ano o evento céntrase no uso das tecnoloxías libres nos sectores Industrial e Primario, e nas novas oportunidades que ofrecen estas tecnoloxías en campos como o cloud computing, análise de Big Data e o Internet das Cousas (IoT). Ademais, haberá un track especial dedicado á Economía Colaborativa.
![[Img #35610]](upload/img/periodico/img_35610.jpg)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61