GALICIA
Comezan as probas para a obtención do certificado de profesionalidade de extinción de incendios e salvamento
Con carácter xeral para acceder as probas é necesario ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar.
![[Img #35615]](upload/img/periodico/img_35615.jpg)
Da comezo na Academia Galega de Seguridade Pública a terceira edición da probas para o recoñecemento das competencias profesionais de extinción de incendios e salvamento co fin de obter o certificado de profesionalidade ou as unidades de competencias.
Para as probas están convocadas 100 prazas, segundo a Orde do 30 de decembro de 2016 da Consellería de Economía, Industria e Emprego, pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
Con carácter xeral para acceder as probas é necesario ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar. No caso de experiencia laboral, para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
No caso de formación non formal: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que consideren unha duración inferior, deberán acreditarse as horas establecidas nestes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.33