PROVINCIA
Xunta e Deputación de Pontevedra acordan debatir sobre emerxencias na Comisión Galega de Protección Civil
Como xa se anunciou en setembro, un grupo de traballo analizará posibles cambios a nivel autonómico. Unha vez pechado este modelo xeral, unha comisión provincial abordará as especificidades da provincia de Pontevedra.
A Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra acordaron hoxe que o debate sobre os cambios a realizar na xestión das emerxencias se realice no marco do grupo de traballo creado na Comisión Galega de Protección Civil. Así o sinalou hoxe o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, que compareceu xunto a presidenta da Deputación, Carmela Silva, logo do pleno do Consorcio Provincial de Emerxencias.
Ese grupo de traballo, anunciado o pasado mes de setembro, será o encargado de afondar na mellora dos servizos de emerxencia que se leva desenvolvendo nos últimos anos. A posteriori, unha vez pechado este modelo xeral, segundo acordaron hoxe Xunta e Deputación, outro grupo de traballo analizará as especificades da provincia de Pontevedra.
A Xunta segue esperando que a institución pontevedresa acepte as condicións sobre o cambio no modelo de xestión que xa aprobaron A Coruña e Lugo
Menor e Silva coincidiron na necesidade de seguir avanzando na colaboración e coordinación de todos aqueles organismos, grupos e institucións que teñen algo que dicir na xestión das emerxencias.
A pesares de todo, aínda quedan cuestións por definir. Por exemplo, a Deputación de Pontevedra é a única das tres que pediron un cambio de modelo na xestión dos parques de bombeiros (A Coruña, Lugo e Pontevedra) que aínda non aceptou as condicións plantexadas pola Xunta de Galicia para que ese modelo poida levarse a cabo, como son que ese cambio non supoña un aumento no custe do servizo e que se garantan os dereitos laborais dos traballadores actualmente contratados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22