Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 05 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mos, O Porriño e Salceda de Caselas unidos para salvar vidas

O obxectivo principal “AS TÚAS MANS SALVAN VIDAS” é sensibilizar, tanto aos cativos e á cidadanía da importancia de que a poboación en xeral aprenda a realizar as manobras de RCP.

[Img #35627]

 

Esta mañá celebrouse a presentación do Proxecto “AS TÚAS MANS SALVAN VIDAS” que tivo lugar ás 12:30 horas no Centro de Saúde do Porriño. Estiveron presentes nela; membros e persoal sanitario do Pac do Porriño; así como os representantes municipais dos tres Concellos. En representación de Mos estiveron a alcaldesa; Nidia Arévalo e Sara Cebreiro, concelleira de política social mosense.

 

O próximo 16 de outubro de 2017, vaise celebrar o Día Europeo de Concienciación do paro cardíaco, e é por iso que os Concellos de Mos, O Porriño e Salceda de Caselas en colaboración  co PAC do Porriño e  o grupo musical “As Maimiñas”,  ofrecerán  unha actividade lúdica para todos os escolares dos tres municipios.  A finalidade é concienciar da importancia de saber que só coas túas mans podes salvar vidas.

 

Do mesmo xeito e cun eslogan tan próximo como o elixido para esta actividade “AS TÚAS MANS SALVAN VIDAS”, aproveitar tamén para adquirir coñecementos básicos de reanimación en caso de morte súbita.

 

A morte súbita cardíaca é un evento polo que o corazón deixa de realizar a súa función de bombeo, presentando a persoa unha perda de coñecemento, parada cardíaca e parada respiratoria.

 

Só en España prodúcense ao redor de 30.000 mortes por parada cardiorespiratoria cada ano, e por iso todos os cidadáns, e sobre todo os/as nenos/as, podemos ser ao longo da nosa vida testemuñas dunha situación de morte súbita.


Nestes casos unha pronta activación dos sistemas de emerxencia sanitaria e o inicio precoz de medidas básicas de urxencia aumentan a supervivencia e diminúen o risco de padecer secuelas graves.


O ideal é iniciar todas esas manobras nos primeiros cinco minutos do evento, e por desgraza, non sempre que hai unha parada cardio respiratoria temos un médico ou persoa sanitaria ao noso lado, polo que o familiar ou testemuña é o que debe facerse cargo da situación.


O espectáculo músico-teatral, no que As Maimiñas, acompañadas de música en directo, levarán a cabo unha explicación de como facer fronte a unha situación  de morte súbita cardíaca levarase a cabo nos tres Concellos.  No caso de  Mos;  será o propio 16 de outubro no multiusos das Pozas, e participarán ao redor de 800 escolares.


Os equipos directivos e educativos dos cinco centros de educación infantil e primaria de Mos acolleron  a proposta con moito interese xa que ademais de ser un gran proxecto educativo, os nenos poderán gozar do espectáculo das Maimiñas, este dúo mosense con tanto éxito actualmente entre os cativos.


“As Maimiñas” son Lucía Lago Fernández e Irene Álvarez Lago, ou o que é o mesmo, Mai e Miña.


Estas dúas mosenses  que un día, celebrando a Semana da Familia no colexios dos seus fillos, decidiron actuar para eles. Foi entón cando se animaron a practicar aquilo que, entendían, faría desfrutar aos seus fillos: contos fantásticos acompañados con música e moita imaxinación, nos que todos os nenos e nenas puidesen participar activamente.


Así, no mes de abril de 2011, naceron “As Maimiñas”. Desde entón, e case sen darse de conta, algo que comezou como un xogo, converteuse en parte da súa vida profesional. Ata o de hoxe, teñen levado as súas aventuras por teatros, auditorios, museos, asociacións e moitos colexios de toda Galicia.


Neste caso, o día 16 de outubro, estarán acompañadas do equipo médico do PAC do Porriño, que formarán parte activa desta. Eles serán os encargados da explicación das manobras, para que se realicen dun xeito correcto e As Maimiñas serán as encargadas de facer que os nenos e nenas lembren cada unha das accións a executar, coas súas historias e cancións.


Interpretaranse tres cancións: unha na que se presenta o corazón como órgano vital, outra na que se explica o xeito de facer a RCP e unha última que canta a importancia das nosas mans e dá nome ao proxecto “As túas mans salvan vidas”.


Con estribillos tan pegadizos como…

Comproba que estea “sopa”
 E se hai respiración
 Chama ao 112
 Inicia compresión
Os cativos sairán coa lección aprendida.

 

A alcaldesa de Mos, declarou estar moi entusiasmada con esta iniciativa xa que “Cremos que a mellor forma é empezar polos máis pequenos,  dende os colexios, concienciando aos nenos no  Día Europeo de Concienciación do Paro Cardíaco do importante que é saber actuar ante unha parada cardíaca ou unha parada respiratoria”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.