O PORRIÑO
Publicadas as bases para a contratación de 20 persoas enrisco de exclusión social
A Concellería de Emprego, Benestar e Igualdade, que dirixe Soledad Girón, ven de publicar a Convocatoria e as Bases da Selección Definitiva para a Contratación Laboral Temporal a Tempo Completo de 20 persoas en situación ou en risco de exclusión social, perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA).
A diferencia doutros anos, nesta ocasión a duración dos contratos aumenta ata 12 meses e serán a tempo completo. Ata o dagora os mesmos eran por un período de 7 meses e abranguían o 75% da xornada laboral.
Soledad Giron explica que para facer posible este incremento de duración, á cantidade que aporta o Goberno galego para a realización dos mesmos, 119.463,4€, o Concello do Porriño engade 160.000€ máis que cobren os 5 meses de duración dos traballos que quedaban ata completar o ano, e o 25% que restaba para que a contratación pasase do 75% a ser a xornada completa.
Os/as aspirantes deberán ser persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados; titular perceptora de RISGA; ter 16 anos cumpridos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa na data de remate de presentación de instancias; posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do contrato obxecto destas bases; non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas; non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente; Non estar comprendido en causa de encadeamento de contratos temporais.
Terán prioridade as persoas perceptoras da RISGA que teñan asignado un proxecto de inserción de carácter laboral; maiores de 45 anos; persoas que teñan cargas familiares; desempregados de longa duración; perceptores da RISGA non beneficiarias deste tipo de contratación durante o ano 2016 e as persoas perceptoras da RISGA con máis antigüidade.
Os/as candidatos/as desempregados, preseleccionados/as pola Oficina de Emprego do Porriño, interesados en participar no proceso selectivo convocado, deberán facelo mediante solicitude, dirixida ó Sra. Alcaldesa do Concello do Porriño, que presentarán no Rexistro Xeral deste Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, á que xuntarán inescusablemente a documentación requirida nas bases da convocatoria.
O prazo de presentación será de 2 días hábiles (o sábado non é día hábil a estes efectos) dende a publicación das presentes bases no Taboleiro de Editos do Concello e na páxina web www.porremprego.org.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60