GALICIA
Máis de 10.000 alumnos de Primaria d 300 docentes traballarán este curso con kits de robótica
Un total de 108 centros introducen por primeira vez este novo equipamento, 41 da provincia de Coruña, 10 de Lugo, 8 de Ourense e 49 de Pontevedra.
![[Img #35639]](upload/img/periodico/img_35639.jpg)
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar na súa páxina web a resolución (aínda provisional) da convocatoria do novo programa de innovación educativa polo que se introduce a robótica en Primaria. En concreto, esta iniciativa beneficiará a máis de 10.000 alumnos dun total de 108 centros, que traballarán con kits de robótica durante este curso 2017/18. O obxectivo último é favorecer a iniciación do alumnado, xa desde idades temperáns, na experiencia de programación básica, robótica e construción.
Por provincias, 41 centros pertencen á Coruña, 10 a Lugo, 8 a Ourense e 49 a Pontevedra. Así mesmo, o número de docentes implicados nesta primeira introdución da Robótica a Primaria ascende a 300. Os detalles da resolución provisional poden consultarse no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/23301.
En concreto, o material estará conformado por seis robots de uso educativo adecuados ás idades do alumnado; seis kits de construción, que permitirán a realización dun mínimo de cinco proxectos diferentes; así como un manual de uso e guía didáctica.
Este novo programa busca promover entre o alumnado, desde idades temperás, a programación básica, robótica e construción
Cada centro, dentro da súa autonomía, pode integrar a robótica de diversas maneiras: mediante unha materia de libre configuración de centro, dentro das materias de forma transversal, a través de programas de innovación educativa da Consellería ou mediante obradoiros que se desenvolvan fóra do horario lectivo.
A iniciativa vai dirixida a alumnado que curse 4º, 5º ou 6º de Primaria durante este curso, que ademais de adquirir nocións básicas sobre robótica e programación, tamén traballará as áreas denominadas STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).
Incremento das vocacións científicas e tecnolóxicas
Este programa enmárcase dentro das accións da Estratexia galega para a educación dixital 2020, Edudixital, presentada en Consello da Xunta o pasado mes de setembro. Cómpre resaltar que o plan nace con dous obxectivos principais. En primeiro lugar, busca lograr que todo o alumnado de ensino obrigatorio teña formación en robótica e programación no curso 2020/21 co fin de que, ao finalizar os estudos, acade un nivel adecuado de competencia dixital e científico-tecnolóxica. Por outro lado, tamén se pretende romper coa fenda de xénero nos estudos STEM.
Nos últimos anos, a Consellería puxo en marcha accións específicas para promover as vocacións científico-tecnolóxicas entre o alumando. Deste xeito, desde o curso 2015/16 impulsouse un cambio curricular a través de novas materias de libre configuración como Robótica, Programación ou Identidade dixital (esta última, de nova incorporación este curso).
O obxectivo da iniciativa, que se enmarca na Estratexia galega para a educación dixital 2020, Edudixital, é fomentar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) entre o estudantado galego
Asociado ás ditas materias, no 2016/17 repartíronse kits de robótica, programación e impresión 3D en todos os centros de secundaria. Tamén se estableceron marcos estables de colaboración con entidades e sociedade civil, e desenvolvéronse outras accións (como Club de ciencia ou Desafío STEM) que teñen como principal obxectivo estimular o espírito científico entre a mocidade. Froito destas medidas, actualmente hai máis de 12.000 alumnos implicados nalgunha acción vinculada a STEM e máis de 750 kits despregados.
Plan de formación específico
Ademais, a Consellería puxo en marcha este curso 2017/18 un plan de formación específico en Robótica, Programación e Impresión 3D vinculado ás ensinanzas tecnolóxicas para, deste xeito, reforzar os coñecementos dos docentes nesta materia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.123