Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Xornal21
Lunes, 09 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

A segunda edición do obradoiro “Mos Verde” formará a 15 mozos menores de 30 anos

A Xunta destina a este taller, dividido nas especialidades de limpeza de espazos públicos e xestión de residuos e deseño gráfico, máis de 140.000 euros.

[Img #35642]

 

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse hoxe ata Mos acompañado pola alcaldesa Nidia Arévalo, o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas tecnoloxías, Óscar Soto, e a directora do taller, Ana Belén Ballesteros, para dar a benvida aos 15 mozos que se formarán no obradoiro “Mos Verde”.

 

A Administración autonómica destina a este taller 140.188 euros e divídese en dúas especialidades. Por unha banda 8 alumnos formaranse en limpeza de espazos públicos e xestión de residuos, e outros 7 en deseño gráfico durante os próximos 6 meses. O “Mos Verde” é un dos seis obradoiros específicos para menores de 30 anos concedidos a través do Sistema de Garantía Xuvenil e a presente é a segunda edición.

 

No que atinxe á área territorial de Vigo, o orzamento supera os 4,2 millóns de euros para a posta en marcha de 14 obradoiros, 8 xerais e 6 específicos dos que se beneficiarán 250 desempregados que recibirán formación e un contrato de traballo.

 

Os obradoiros de emprego, a través dos que os participantes reciben un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado, presentan nesta convocatoria varias novidades, entre as que destacan a ampliación da duración dos programas xerais de 6 a 9 meses. Dáse, ademais, prioridade ás localidades menos poboadas de Galicia para responder así a unha das medidas principais do Plan de formación e emprendemento no rural da Xunta.

 

 

 

 

O delegado territorial, Ignacio López-Chaves, e maila alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, desprazáronse hoxe ata ao Campo da Feira para saudar aos alumnos

 

 

 

 

Prímanse tamén os proxectos vinculados coa Industria 4.0 e cos sectores estratéxicos e de alto potencial da Axenda Galicia-Industria 4.0, así como aqueles que presentan unha relación co tecido empresarial do territorio. Ademais valóranse as posibilidades de inserción de cada obradoiro e a súa orixinalidade, dándose maior puntuación a aqueles con contidos innovadores, aínda que tamén se tiveron en conta os programas máis tradicionais -aqueles relacionados coa rehabilitación, mellora de espazos públicos ou atención a persoas dependentes-. Priorizáronse nesta resolución os proxectos de concellos resultantes de fusións e aqueles que se asociaron para presentar o programa.

 

Os obradoiros céntranse na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.

 

No caso dos obradoiros xuvenís, os participantes deberán tamén estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil e as actividades que realicen estarán relacionadas, de ser o caso, coa titulación ou formación previa que posúan. Primaranse a aqueles participantes que non recibiran atención anteriormente no programa de Garantía Xuvenil.

 

Os obradoiros forman parte da Axenda 20 para o Emprego, a planificación do Goberno galego en materia laboral para impulsar o emprego estable e de calidade e coa que se pretende en 2020 reducir a taxa de paro ata o 10% coa creación de polo menos 80.000 novos empregos e a creación ou conversión de 50.000 contratos en indefinidos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.