Viernes, 03 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 09 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva fai balance dos resultados turísticos de setembro e do “mellor verán da última década”

A presidenta da Deputación de Pontevedra presentou os datos de ocupación hoteleira na provincia no mes de setembro, que ascenderon ao 73,4%, e poñen o broche de ouro a “un verán espectacular”, cunha ocupación media provincial do 82,84%.

[Img #35647]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, fixo balance a semana pasada dos resultados acadados en setembro e durante o verán en canto a ocupación de hoteis e establecementos rurais das Rías Baixas. Silva amosou a súa satisfacción por uns resultados históricos que sitúan ao verán do 2017 como “espectacular, o mellor verán da última década”.


Segundo informou a presidenta da Deputación de Pontevedra, os datos de Turismo Rías Baixas confirman que o mes de setembro pechou cunha ocupación hoteleira media provincial do 73,4%, moi superior á estimación e dous puntos máis que o acadado en setembro de 2016, cando a porcentaxe se situou en preto do 72%.


Por comarcas, O Salnés acadou unha ocupación do 74,25 €, catro puntos máis que o rexistrado no mesmo mes do 2016. Pontevedra obtivo unha porcentaxe do 80,7%, similar á acadada en setembro de 2016. Pola súa banda, a ocupación hoteleira do Morrazo foi do 62% o que significa nove puntos máis que o acadado no mesmo mes de 2016 e Caldas acadou o 84,88%, é dicir, 5 puntos máis que en setembro do ano pasado.  No caso de Vigo, a ocupación hoteleira ascendeu ao 79,35%, case 5 puntos máis que o rexistrado no mesmo mes de 2016, e O Baixo Miño obtivo o 69,23%, 9 puntos máis que o acadado o ano pasado. Amais, as comarcas do Condado e A Paradanta acadaron o 71,82% de ocupación hoteleira e en Deza e Tabeirós-Terra de Montes superaron o 80%.


Carmela Silva deu tamén a coñecer os datos de ocupación nos establecementos de turismo rural que, en setembro deste ano, ascenderon ao 40% e superaron en máis de 5 puntos os acadados en setembro de 2016.


En canto ás persoas que visitaron o destino Rías Baixas, a presidenta da Deputación de Pontevedra subliñou que procedían de España, con idades comprendidas entre os 35 e 60 anos (49%), aloxadas en hoteis (57%) e cunha estanza media de 7 a 15 días. Silva destacou que “aínda que as procedencias son moi diversas, as persoas que máis nos visitan proveñen de Madrid, Barcelona, Vizcaya e Cádiz e se achegan ata a nosa provincia motivados pola natureza e cultura”.


Os estranxeiros que pernoctaron na provincia de Pontevedra no pasado mes de setembro ascenderon ao 33%, 2 puntos máis que a porcentaxe acadada no mesmo mes do pasado ano, e proceden maioritariamente de Francia, Portugal, Italia, Alemania e Reino Unido. A este respecto, Carmela Silva destacou que “estes resultados cadran cos que o propio sector e os concellos nos trasladaron a través do Plan de Concertación, que dicían que estes eran os lugares onde deberíamos facer máis promoción”.


E, como dato significativo, a presidenta provincial deu a coñecer que o 68% das persoas que visitaron o destino Rías Baixas non o coñecían.

 

Balance do verán
Carmela Silva tamén amosou a súa satisfacción polos datos obtidos durante o verán de 2017 e cualificou a temporada como “espectacular:  estamos a falar do mellor verán da última década”.


En liñas xerais, tal e como informou Silva, entre xuño e setembro a ocupación hoteleira media na provincia de Pontevedra foi do 82,84% fronte ao 78,15% obtido o pasado verán, é dicir, case cinco puntos máis que o acadado na mesma temporada do ano 2016.  Máis polo miúdo, este verán, o Salnés rexistrou unha ocupación hoteleira do 85,6%, Pontevedra do 87,7%, O Morrazo do 81,1%, Caldas do 86,5%, Vigo do 87,9%, O Baixo Miño do 79,9%, O Condado e A Paradanta do 79,7% e no Deza e Tabeirós-Terra de Montes do 75,36%.


En canto ao número de viaxeiros que chegaron ata a provincia de Pontevedra, a presidenta da Deputación de Pontevedra tamén amosou a súa satisfación xa que o incremento foi do 11,75% con respecto ao verán do 2016, cando xa se rexistrara un crecemento do 31% con respecto ao mesmo período do 2015.


Silva informou que “en total, visitaron a provincia de Pontevedra medio millón de persoas durante o verán polo que, se temos en conta que a provincia ten 900.000 habitantes, estamos a falar de 1,4 millóns de persoas nas Rías Baixas o que supón un enorme esforzo e unha cuestión a ter tamén en conta á hora de facer planificación turística”.

 

Oficinas de turismo
Carmela Silva tamén deu a coñecer os datos de visitantes que rexistraron as oficinas de turismo da provincia de Pontevedra ao longo deste verán. Así, en total acudiron ata estes centros de información 145.770 persoas, é dicir, 55.762 persoas máis que con respecto ao verán do 2016 o que supón un crecemento do 61,75%.


Máis polo miúdo, Carmela Silva ofreceu os datos das oficinas que xestiona directamente a Deputación de Pontevedra, é dicir, as que están situadas no Palacete das Mendoza, no Aeroporto de Vigo e no Mosteiro de Armenteira que rexistraron importantes crecementos. Así, a oficina do Palacete das Mendoza medrou un 123,9%, xa que foi visitada por 40.035 persoas fronte ás 17.876 que acudiron no verán do 2016; a oficina do Aeroporto de Peinador medrou un 82,02% con respecto ao 2016 e rexistrou preto de 5.000 visitantes este verán; e a oficina do Mosteiro de Armenteira foi visitada por 5.683 persoas, 202 máis que no 2016.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.