PROVINCIA
A Deputación convoca os II Premios Sofía Novoa Ortiz
En total entregaranse seis premios por valor de 5.200 € para alumnas e alumnos dos campus da provincia da Universidade de Vigo.
![[Img #35649]](upload/img/periodico/img_35649.jpg)
A presidenta da Deputación de Pontevedra anunciou que xa está aberta a convocatoria dos II Premios Sofía Novoa Ortiz á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e de fin de máster. Carmela Silva destacou que “o ano pasado foron 22 as propostas presentadas á primeira edición dos premios e queremos seguir apoiando estes traballos e iniciativas que están a impulsar e a estender a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes e a perspectiva de xénero en diferentes ámbitos da sociedade”.
Silva recordou a figura de Sofía Novoa Ortiz, “unha muller cunha enorme cultura, ligada ao mundo da música, moi comprometida, que foi silenciada pola historia e que nós quixemos poñer en valor a través destes premios que, amais de promover os traballos de investigación en igualdade, nos están a permitir visibilizar a unha muller que tanto aportou á nosa sociedade”.
Os Premios Sofía Novoa Ortiz están dirixidos ao alumnado da Universidade de Vigo, pertencente aos campus de Pontevedra e Vigo, que teñan presentado, defendido e aprobado ben un traballo fin de grao ou ben un traballo fin de máster durante o curso 2016/2017. En total entregaranse dous premios, dotados con 1.000 euros cada un, e un accésit, de 600 euros, na modalidade de traballos fin de grao e outros dous premios, dotados con 1.000 euros cada un, e un accésit, de 600 euros, para traballos fin de máster.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ata o 27 de outubro de 2017 e terán como data límite da entrega dos traballos o 3 de novembro de 2017.
“Feminismo: Fotografía da realidade e deseño de futuro”
A presidenta da Deputación de Pontevedra aproveitou tamén a ocasión para dar a coñecer un proxecto, titulado “Feminismo: Fotografía da realidade e deseño de futuro”, impulsado pola Rede Galega pola Inclusión (REGAI) e co que está a colaborar a institución provincial “co obxectivo de promover a igualdade efectiva entre mulleres e homes e loitar contra as violencias machistas”.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o 27 de outubro e as persoas interesadas poderán achegar os seus traballos ata o 3 de novembro
En liñas xerais, trátase dun proxecto que consistirá na organización da xornada aberta “Intervención contra as violencias machistas: enfoque multidisciplinar” que terá lugar mañá na Casa Rosada de Poio; no curso “Claves para a comunicación oral desde a perspectiva de xénero. Mulleres empoderadas” que se estenderá entre o 13 e 15 de outubro na Casa da Cultura Roberto Blanco Torres de Cuntis e na actividade de coaching “Fortalecemento do Movemento Asociativo Feminista” que terá lugar o 28 de outubro no Multiusos de Redondela.
Os principais obxectivos do proxecto, segundo informou a presidenta da REGAI, Carmen Cajide, son “empoderar ás mulleres mediante a formación, a reflexión e o debate; achegar o feminismo á sociedade como ferramenta de loita contra as violencias machistas e estudar asuntos de importancia real para as mulleres, que forman parte da axenda actual e que teñen impacto sobre os nosos dereitos e liberdades”.
A primeira das actuacións terá lugar mañá, sábado 7 de outubro, na Casa Rosada de Poio, e consistirá nunha xornada aberta titulada “Intervención contra as violencias machistas. Enfoque multidisciplinar”. Ao longo da xornada, abordaranse as violencias machistas dende o ámbito psico-socio-sanitario e tamén policial e xurídico. Para elo, participarán na actividade dende psicólogas e psicólogos como Fátima López e Rubén Villar, ata a coordinadora da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos Rosa Fontaíña, a médica de familia Rosana Izquierdo, a avogada do CIM do Grove Ana Barreiro, o inspector de Policía Local de Pontevedra José Ángel Ruibal e a xuíza experta en violencia de xénero Paz Filgueira.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22