GALICIA
Augas de Galicia esuda medidas por mor da alerta por seca
O Consello Reitor de Augas de Galicia decidiu crear este grupo de traballo, que se reunirá semanalmente para avaliar e aprobar as medidas necesarias, de ser caso.
O Consello Reitor de Augas de Galicia decidiu crear e nomear por unanimidade aos integrantes do Comité Permanente, co fin de que sexa este grupo o que decida unha resposta máis rápida e operativa ás posibles incidencias que se poidan rexistrar por mor da situación de alerta por seca en seis sistemas hidrolóxicos da Demarcación Hidrográfica Galicia- Costa.
Esta semana celebrouse en Santiago unha reunión do Consello Reitor de Augas de Galicia, onde a principal cuestión abordada foi a asunción da xestión da situación de seca en aqueles sistemas nos que Augas de Galicia decretou a activación da alerta o pasado martes. Segundo figura no protocolo de actuación do Plan da Seca da Demarcación Galicia-Costa, en situación de Alerta, a xestión dos recursos hídricos dispoñibles e toma de decisións sobre as medidas excepcionais a aplicar correspóndenlle ao Consello Reitor, onde están representados todas as administración, usuarios e resto de axentes involucrados na xestión do recurso.
A semana vindeira tamén se establecerá unha liña de colaboración e comunicación cos concellos afectados, para avaliar de xeito conxunto a evolución da situación de seca
Non obstante, o Consello Reitor considerou a constitución dun Comité Permanente, que está formadas por representantes da administración, da administración local- nomeada pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e dos usuarios da auga, que para a xestión da alerta de seca, se reunirá cunha periodicidade quincenal.
A vindeira semana celebrarase a primeira reunión para avaliar e aprobar as distintas medidas que se considere necesarias adoitar. Outras das decisións aprobadas esta mañá, e que se activará a semana próxima, é a apertura dunha liña de comunicación cos concellos afectados para avaliar de xeito conxunto a evolución da situación de seca.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61