GALICIA
CGT propón melloras no tren hotel Galiza-Madrid
Dende o Sector Ferroviario de CGT-Galiza, veñen de remitir unha carta o Director de RENFE pra que mellore a operativa de circulación do tren hotel Vigo/Ferrol-Madrid-Ferrol/Vigo, dadas "as súas precarias condicións de explotación" explican.
"Este tren hotel foi motivo de recortes dende fai dous anos, primeiro reducindo as prazas ofertadas especialmente na clase turistas e logo mudando o seu percorrido eliminando o seu pase por Compostela e aumentando o tempo de viaxe en mais de unha hora, o que fai que tarde mais de 11 hs en facer o percorrido Vigo-Madrid" indican.
"Estas decisións de RENFE de maltratar este servizo ferroviario nocturno ten o obxectivo de desprazar @s viaxeir@s os trens diurnos ALVIA, deixando con cada vez menos usuari@s o tren hotel, pra nunha segunda fase, xustificar a súa supresión por falla de viaxeir@s" explican.
Aseguran que "nestes intres as condicións de viaxe non ofertan un servizo ferroviario cuns estándares mínimos de calidade, en relación a outros servizos que oferta RENFE-Viaxeiros, cun tren que leva un só WC pra 48 viaxeir@s que o comparten durante 11 hs de viaxe, cunha saída de emerxencia que de a plataforma en toda a composición, cunha marcha moi lenta que alonga o viaxe innecesariamente e sen que sexan aumentadas as prazas ofertadas en días de alto tráfico (Pontes, Nadal, Vacacións, etc). Un exemplo é este ponte do Pilar, onde o tren non foi reforzado con prazas a maiores e vai completo os días 11 e 15, non circulando nin o 12, 13 e 14, a pesar da forte demanda existente pra o día 12 e 14".
Por elo dende o Sector Ferroviario de CGT remite este scrito ao Director de RENFE e o Director de Servizos Comerciais de RENFE-Viaxeiros, relacionándolles unha serie de medidas pra mellorar e facer rendible este servizo ferroviario nocturno, "medidas que non supoñen un gasto de persoal no tren, xa que non necesitan unha maior dotación d@s traballador@s que conforman a tripulación do mesmo" explican.
"Estas melloras pasan por aumentar as prazas ofertadas, tanto en turista sentado como en cama turista, aumentar a marcha do tren, minguando o tempo de viaxe e facendo que o tren hotel chegue a destino a unha hora mais atractiva pra @s usuari@s, reforzar as prazas ofertadas nas datas de tráfico alto e voltar a que o tren pase pola capital de Galiza, Compostela, o ser un tren que admite nas súas camas preferentes o acompañamento de bicicletas, ofertando @s peregrin@s e turistas (Rail-Pass) un servizo nocturno que lles permite chegar a Madrid ou Galiza sen pasar a noite na cidade" din no comunicado.
Tamén explican quie "estas melloras repercuten mínimamente nos custes de explotación do tren hotel Galiza-Madrid e melloran considerablemente a calidade ofertada neste servizo ferroviario agora degradado polas decisións interesadas dunha Dirección Comercial de RENFE-viaxeiros, que tenta ir empeorando o servizo pra xustificar a súa futura supresión, nun exercicio de xestión irresponsable da empresa pública RENFE-Viaxeiros".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213