TURISMO
A Xunta presenta unha oferta de 18 experiencias de turismo sustentable nos seis parques galegos
A directora xeral de Patrimonio Natural e directora de Turismo de Galicia deron a coñecer esta semana os paquetes de turismo, que inclúe tres rutas por cada parque natural da Comunidade.
![[Img #35727]](upload/img/periodico/img_35727.jpg)
A Xunta de Galicia presentou esta semana unha nova oferta de turismo sustentable con 18 rutas para coñecer o patrimonio natural que atesouran os parques naturais de Galicia. A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentaron esta iniciativa na que colaboran ambos departamentos e que da continuidade á iniciativa piloto posta en marcha no Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés.
A directora xeral indicou que os paquetes son extensos e variados e propoñen facer rutas fotográficas ou ornitolóxicas, combinar o deporte e o turismo facendo sendeirismo, ciclismo, equitación ou ben saídas en barco, kaiak, paddle surf ou paddleboard; e tamén visitar covas, aldeas, adegas... Son tres experiencias por parque que teñen por obxectivo lanzar un produto turístico sustentable que poida atraer visitantes e promover o tecido empresarial da zona.
O obxectivo desta colaboración é o desenvolvemento conxunto de actividades de fomento do uso público e turístico dos seis parques naturais, por iso se fixo unha publicación específica na que se da conta dos valores da zona, mapas e demais información útil; así como información sobre os paquetes turísticos. Esta publicación estará dispoñible na paxina web www.turismo.gal.
A colaboración entre Medio Ambiente e Turismo de Galicia, que conta cun orzamento de 60.000 euros, tamén inclúe a presenza activa dos parques naturais de Galicia en campañas de promoción e difusión do turismo, feiras e exposicións; por esa razón os folletos editaranse tamén en castelán e inglés.
Tamén se habilitou unha páxina web na que estará accesible a información relativa a cada paquete turístico e tamén sobre os valores de cada un dos parques, mapas...
Ana María Díaz recordou que a Xunta puxo en marcha o Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural de Galicia, que foi o primeiro plan deste tipo na historia da nosa autonomía, dotado con un rozamento próximo aos 4 millóns de euros para o seu desenvolvemento entre os anos 2017 e 2020.
Pola súa banda, a directora de Turismo de Galicia salientou que a natureza é hoxe a principal motivación pola que os turistas visitan Galicia. “No noso interese por ofrecerlles o mellor de nós mesmos e coidar da nosa contorna verde, creamos estas experiencias que brindan máis motivos para visitarnos e dun xeito máis enriquecedor”, declarou.
Nava Castro subliñou o compromiso da Xunta de Galicia cun turismo de calidade e tranquilo que aposta polos mellores recursos endóxenos. “Así o poñemos de manifesto na nosa Estratexia do turismo de Galicia 2020, cun orzamento de 240 millóns de euros, dos que o a paisaxe, os recursos naturais e a sustentabilidade reciben o 37% do total”, sinalou.
“Coidamos da nosa contorna natural, contribuímos ao desenvolvemento económico do rural galego e facemos de Galicia un destino cunha oferta especializada para desestacionalizar a nosa demanda”, detallou Nava Castro, quen ve nestas experiencias para todos os públicos alternativas perfectas para levar a cabo durante o curso escolar, realizar escapadas familiares ou gozar da natureza dun xeito activo, con respecto ao medio ambiente e a súa capacidade de carga.
Os espazos imán, o seguinte paso
A directora xeral de Patrimonio Natural explicou que estes paquetes turísticos se estenderán aos espazos imán recollidos no Plan de promoción, xa que son os lugares naturais máis recoñecidos por galegos e turistas.
A Xunta identificou un total de 17 espazos e limitou a súa área de influencia, nun radio de 30 e 50 quilómetros, de xeito que se cubre practicamente a totalidade de Galicia.
Defendeu que se trata de crear lazos entre as iconas naturais de Galicia e ofrecer un servizo máis eficaz aos miles de galegos e visitantes que se deciden a acudir a un destes espazos.
Interese polo patrimonio natural
Ana María Díaz explicou que cada vez máis persoas escollen Galicia como destino turístico, tal e como demostran as cifras de visitantes á Comunidade en xeral, e as parque naturais, en particular.
O número de visitantes aos seis parques naturais de Galicia creceu, respecto ao ano 2015, en máis de 78.000, o que supuxo un incremento porcentual do 33%, e só no que vai de ano, os parques recibiron preto de 250.000 visitantes, polo que xa se supera o número de visitantes de 2015, cando se contabilizaron 236.000 persoas.
Argumentou que o interese dos visitantes medra ano a ano, grazas á posta en marcha dos recursos e servizos necesarios para visitalos, á elaboración e desenvolvemento dunha completa programación de actividades, e, por suposto, grazas ao esforzo de promoción.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129