Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 10 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Os socialistas de Salceda comezan unha nova rolda de charlas

As concelleiras socialistas Gela Ledo e Verónica Tourón veñen de  comunicar que comezan unha rolda de charlas abertas ó público en xeral, co obxectivo de cumprir co seu compromiso electoral de achegar os temas máis importantes de Salceda a toda a cidadanía.

 

Facilitar a participación

 

Nestas charlas ademais de explicar o estado no que se atopan temas tan importantes como o centro de saúde, a problemática en materia de educación, ou o Plan Xeral, recollerán as necesidades de cada parroquia. Segundo explican, serán unhas charlas abertas ás asociacións e veciños en xeral, na que o punto fundamental é a participación de todos e todas.


Verónica Tourón, afirma “que cumprimos co compromiso electoral de visitar as parroquias a lo menos unha vez cada ano, fixémolo no ano 2015, no 2016 co Plan Xeral e este ano achegamos a todos os veciños ós temas que máis afectan ó noso concello na actualidade”.


No día de onte estiveron en Picoña e mañá mércores no Centro Cultural de Budiño, charlas que se estenderán ata o día 14 de novembro que cerrarán este ciclo no Centro Social de A Devesa.


As representantes do PSOE en Salceda, convidan a asistir a todos os interesados e informan ademais que están a disposición de calquera veciño na sede do Partido ou a través do correo electrónico opsoeescoita@hotmail.com

 

Calendario:

CC A Picoña, luns 9 de outubro ás 20:30 horas.
CC Budiño, mércores 11 de outubro ás 20:30 horas.
CC Barreiro, martes 17 de outubro ás 20:30 horas.
CC Entenza, xoves 19 de outubro ás 20:30 horas.
CC Parderrubias, luns 23 de outubro ás 20:30 horas.
CC San Xurxo, xoves 26 de outubro ás 20:30 horas.
CC A Feira, luns 6 de novembro ás 20:00 horas.
CC Soutelo, xoves 9 de novembro ás 20:30 horas.
CS A Devesa, martes 14 de novembro ás 20:20 horas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.137

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.