Jueves, 20 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 11 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mos presenta a décimo cuarta edición das Xornadas Micolóxicas

A iniciativa aúna gastronomía, cultura, micoloxía e formación forestal grazas á colaboración de Concello, Comunidade de Montes de Mos e hosteleiros.

 

 

Onte celebrouse o acto de presentación da XIV Edición das Xornadas Micolóxicas e Forestais do Concello de Mos que tivo lugar no restaurante Ádega da Tía Carmen, sito en Estrada Redondela-Porriño na Parroquia de Louredo - Mos.

 

A presentación comezou ás 21.00 horas e contou coa asistencia da concelleira de Participación Cidadá, Julia Loureiro e co concelleiro de Medio Ambiente Candido Perez ademais de outros membros do goberno, a experta micóloga Puri Lorenzo, representantes da Comunidade de Montes de Mos e representantes dos sete restaurantes mosenses participantes nas Xornadas Micolóxicas 2017 que ofreceron unha degustación dos pratos que van a servir na Gran Degustación de Cogomelos que se celebrará no contorno do Pazo de Mos o domingo 22 de outubro e a partir desa data e ó longo de todo o mes de novembro nos propios restaurantes. Ditos pratos son croquetas de setas con castañas e empanada de trigo con setas e castañas da Adega da Tía Carmen;carne de caza maior estofada con setas de Bar Faquiña; setas ao ajillo salteados con gambas, setas ao ajillo salteadas con becion, e tarta de queso con mermelada de setas de O Cruceiro; caldereta de pulpo con setas, brownie de chocolate con setas e noces e bica con crema de setas de Tapería a Cepa; pizza mar e monte de salmón afumado con variado de setas e queso García Ulloa de A Favorita; jabalí con setas silvestres de Restaurante Tapra; fajitas recheas de setas e polo, e setas con xamónao alioli.

 

Esta degustación estivo maridada con viñosxentileza de Disgobe, cos que patrocinaron o evento.

 

Outras novidades que haberá o domingo 22 de outubro no contorno do Pazo de Mos é que a Gran Degustación estará complementada co II mercado micolóxico, postos nos que poder probar infusións de setas, a presenza de artesáns que realizan talles de madeira, de vidrio e cristal, postos de lana e postos de cultivo de setas. A xornada gastronómica do vindeiro domingo prolongarase dende as 12.00 horas ata as 15.00 horas, horario durante o que se contará coa amenizaciónde Abeleiras de Alxan e Grupo Folclórico Nosa Terra de Pereiras.

 

[Img #35738]Pola tarde, a partir das 18.00 horas, no Pazo de Mos, haberá un espectáculo infantil “Que chovan contos e cantigas” de Servando Barreiro e Anxo Moure. A exposición, consulta de identificación de cogomelos será de 10.30 horas a 14.00 horas e de 17.00 horas a 20.00 horas no Pazo de Mos.

 

O sábado 21 de outubro de 10.00 horas a 13.30 horas realizarase a saída didáctica para a recollida e identificación de cogomelos, que contará coacompañamento, asesoramento e instrucción de dous monitores especializados. Para participar na mesma requírese inscrición previa no Pazo de Mos os días das charlas.

 

Durante toda a semana que ven sucederanse as charas e conferencias sobre micoloxía e monte comunal. Todas serán no Pazo de Mos ás 20.30 horas. O luns 16 de outubro Rafael Quintía, impartirá a conferencia “Recursos turísticos e Culturais do Monte (Parque da Penacova)” e XurxoConstenla a conferencia “A CitoníaArqueoloxía”. O martes 17, charla sobre a A vespa Velutina impartida por Esther Ordóñez, veterinaria da Agrupación Apícola Galega. O día 18, mércores, charla “Introducción ao mundo dos cogomelos” a cargo de Hugo Fernández, Biólogo, especialista en micoloxía. O xoves19 de outubro a bióloga especialista en mocoloxía, Puri Lorenzo, impartirá a charla “Identificando champiñóns”. E o venres día 20, José Luis Tomé, da Federación Galega de Micoloxía dará unha charla sobre cociña con setas: “Cociñando cogomelos ”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.