Jueves, 18 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 14 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Escola de Música do Porriño recibe una subvención autonómica de 5.173,70 €

Cultura destina 300.000 euros a apoiar a actividade de 70 escolas de música

Un total de 70 escolas de música de toda Galicia beneficiaranse da nova orde de axudas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dotada con 300.000 euros, e dirixida tanto a entidades dependentes dos concellos como de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro.

 

Entre as entidades beneficiadas atópase a Escola de Música Municipal do Porriño que recibe 5.173,70 € da Xunta de Galicia

 

Tal como publicaba esta semana o Diario Oficial de Galicia (http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171011/AnuncioG0164-051017-0002_gl.html), un total de 55 escolas municipais de música doutros tantos concellos recibirán axudas por importe de 250.000 euros; mentres que outras 15 formacións dependentes doutras entidades reciben apoio por un importe de 50.000 euros.

 

Tal e como figuraba na convocatoria, na valoración de solicitudes tivéronse en conta aspectos como o número de alumnado matriculado, de especialidades instrumentais impartidas, do profesorado e tempo de dedicación, así como as dimensións das instalacións, o volume do orzamento do centro e o importe total que o centro percibe do alumnado pola impartición das ensinanzas.

 

A Consellería habilitou esta nova liña de axudas co fin de potenciar o funcionamento dos centros que imparten ensinanzas de música, sobre todo tendo en conta a súa crecente demanda. Ademais, tamén se busca apoiar aquelas iniciativas que implican fomentar, difundir e estender entre a sociedade xeral, e en especial entre o público xuvenil, a ensinanza musical desde unha formación non regrada.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.