O PORRIÑO
A piques de rematar a instalación do ascensor no CEIP Xosé Fernández López
A actuación responde ao compromiso do Goberno galego coa eliminación de barreiras arquitectónicas e coa accesibilidade de persoas con mobilidade reducida.
![[Img #35755]](upload/img/periodico/img_35755.jpg)
O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse esta semana ata o CEIP Xosé Fernández López, na localidade pontevedresa do Porriño, para supervisar o estado das obras do elevador que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está instalando no centro porriñés para garantir a accesibilidade dos nenos.
Na actualidade hai tres matriculados con necesidades motoras que ata o de agora foron escolarizados en aulas da planta baixa, pero que no curso 2017-2018 trasladáronse aos pisos superiores.
A actuación, que responde a unha demanda da comunidade educativa a prol de suprimir as barreiras arquitectónicas e ao compromiso do Goberno galego coa accesibilidade de persoas con mobilidade reducida, conta cun orzamento de 55.612,36 euros. Na visita ás obras estiveron presentes ademais do delegado, que acudiu acompañado polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, César Pérez, a alcaldesa do Porriño, Eva García, e o director do centro, Benito Rodríguez.
O CEIP Xosé Fernández López, localizado no concello do Porriño, supera os 430 alumnos e conta 33 docentes máis persoal auxiliar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60