Xornal21
Lunes, 16 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
GALICIA
50 hackers crearán prototipos con tecnoloxía libre para mellorar a Industria 4.0
A compañía IBM presentará o seu sistema Qiskit para desenvolver computación cuántica, unha das grandes tendencias informáticas do momento e que seducen a entidades como a NASA.
A menos dunha semana para que a capital galega acolla o maior encontro internacional das tecnoloxías libres, LibreCon 2017, seguen coñecéndose novos detalles deste evento, como a realización dun hackatón denominado 'Librehack', no que 50 hackers crearán en tempo real e durante 11 horas, prototipos de software libre cos que mellorar a Industria 4.0 e o sector primario.
Os proxectos deberán encaixarse nalgunha das seguintes catro categorías: cloud, big data, Internet das cousas (IoT nas súas siglas en inglés) e a economía colaborativa. Os propios organizadores do LibreCon 2017 non descartan que, froito deste traballo de creación colectiva, poida nacer unha startup.
Outra novidade no programa do LibreCon é a presentación que fará o xigante informático IBM do seu sistema de software libre Qiskit, que serve para desenvolver computación cuántica, un tema de moda no sector da informática e que seduce a entidades como a NASA, a CIA ou empresas da talla de Google e Lockheed Martin. Un dos grandes atractivos da computación cuántica débese ao feito de que o seu uso podería supoñer grandes avances tecnolóxicos e económicos como, por exemplo, a maior eficiencia na fabricación de fertilizantes, que actualmente demanda entre o 1% e 2% de toda a enerxía consumida pola humanidade.
Open source galego para salvar as abellas
En LibreCon participarán centos de empresas e expertos, entre os que se atopa Antonio Fernandes, tecnólogo vigués e perito xudicial pola Asociación Nacional de Peritos Xudiciais Informáticos (ANTPJI) e a Asociación Mediterránea de Peritos Informáticos das TIC (ASPERTIC). Recentemente fichou como un dos especialistas da Axencia Europea de Seguridade das Redes e da Información (Enisa), co obxectivo de asesorar á entidade europea en estratexias para frear os cada vez máis frecuentes ciberataques que afectan a organismos públicos e empresas privadas.
Pola súa banda, outra das novas incorporacións ao programa é a de Nuno Troitiño, programador e apicultor 2.0 que presentará a aplicación Appybee, unha innovación made in Galicia capaz de detectar e controlar pragas que afectan ás colmeas de abellas, como a da avispa velutina. Ata o momento, este sistema xa logrou conter a mortalidade dos enxames e aumentar a súa produción nun 17%. O éxito de solucións como esta é clave para a humanidade, xa que as abellas polinizan entre o 25% e o 30% dos alimentos que consumimos.
O impacto no sector primario e na transformación dixital
O software libre está a demostrar que é unha ferramenta moi útil non só para a Industria 4.0, senón tamén para o sector primario. Ademais de Appybee, LibreCon 2017 tamén reunirá outros proxectos que poñen a tecnoloxía ao servizo do sector agroalimentario, como é o caso de Fair Fishery from Galicia, Galirema, CodeSyntax e IG4 Agricultura.
Nuno Troitiño presentará Appybee, unha aplicación made in Galicia que utiliza a tecnoloxía open source para salvar ás abellas
A influencia do software libre será tamén cada vez máis determinante na configuración da estratexia dixital que está a cambiar a sociedade, xa que permitirá que este proceso se desenvolva a unha maior velocidade e a un custo máis baixo, tal e como explicará en LibreCon 2017 José María Fuster, ex director xeral de Innovación de Banco Santander.
No acto de inauguración deste importante evento participará o director de Economía Dixital de Red.es, Alejandro Tosina, quen poñerá en valor o software libre como un instrumento eficaz para implantar as TIC nas pequenas e medianas empresas co obxectivo de impulsar o seu crecemento e internacionalización.
LibreCon en Compostela, 19 e 20 de outubro
LibreCon 2017 é o maior encontro internacional promovido polo sector das tecnoloxías libres e a súa VII edición celebrarase os próximos días 19 e 20 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Este ano o evento céntrase no uso das tecnoloxías libres nos sectores Industrial e primario, e nas novas oportunidades que ofrecen ditas tecnoloxías en campos como o cloud computing, análise de big data e Internet das Cousas (IoT). Ademais, ofrecerá un track especial dedicado á economía colaborativa.
Aparte dos que xa se anunciaron, LibreCon 2017 contará con máis relatores de nivel nacional e internacional que expoñerán a súa visión de como as tecnoloxías libres achegáronlles competitividade no seu día a día. A xeración de coñecemento terá o seu espazo dentro do evento en forma de casos de éxito e demos tecnolóxicas que achegarán as novidades do sector a todos os asistentes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208