PROVINCIA
A Xunta ubicará provisionalmente o novo Xulgado de Familia de Vigo no edificio “Gota de Leite”
As obras de adecuación do edifico darán comezo de inmediato para que estea operativo e empece a funcionar a finais deste ano, unha vez sexa aprobado o Decreto de creación polo Ministerio.
![[Img #35796]](upload/img/periodico/img_35796.jpg)
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou esta semana que, unha vez que o Consello de Ministros aprobe o decreto de creación dos novos Xulgados para este ano, o novo Xulgado de Familia ubicarase de maneira provisional no edificio Gota de Leite, ata que rematen as obras da nova Cidade da Xustiza de Vigo.
Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou o venres o edificio para ver in situ o estado das estancias, as salas que alberga e poder así decidir as actuacións necesarias para que o Xulgado de Familia empece a funcionar con total normalidade este ano.
Polo que a Xunta dará comezo de inmediato coas actuacións precisas para habilitar o local, para que albergue a sala de vistas, sala de espera, despachos e as distintos espazos para os dez funcionarios que formarán parte deste xulgado, xunto ao xuíz e o letrado.
Este novo Xulgado estará ubicado de maneira provisional no edificio “Gota de Leite” onde xa está ubicado o servizo de mediación familiar intraxudicial e como o resto das unidades xudiciais da cidade, estará situado no seu día na Cidade da Xustiza, que xa ten en marcha a fase de derrubo. Este mesmo mes contará co proxecto da segunda fase da obra polo que dará comezo de inmediato coa licitación dos traballos, cumprindo así cos prazos estipulados e que o novo edificio xudicial sexa unha realidade no ano 2019.
O Ministerio de Xustiza volveu crear unidades xudiciais e a Xunta amosouse disposta a asumilas e dotalas, sendo unha destas novas sedes xudiciais, o novo Xulgado de Familia de Vigo, decisión tomada de forma consensuada entre Xunta e TXSG, seguindo criterios obxectivos segundo entrada de asuntos, pendencia e carga de traballo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208