Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 16 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
Mos

Permanece activo o incendio que afecta aos Montes de Louredo

Dos catro incendios declarados en Mos dous están extinguidos, un controlado e as brigadas atópanse traballando actualmente na extinción do que afecta a San Gregorio e San Antoiño na parroquia de Louredo.

[Img #35848]

 

Durante a última xornada declarábanse ata catro incendios no municipio de Mos. Destes catro lunes tres están estinguidos ou controlados mentras que o de Louredo permanece activo.

 

Louredo

Precisamente o lume que afecta a Pantañó (San Gregorio) – Pombal e San Antoíño, na parroquia de Louredo é o que suma máis superficie queimada e actualmente están traballando na zona os equipos de  extinción. O lume chegou ata a extrema das vivendas pero finalmente non foi necesario o desaloxo.

 

Veigadaña.

Onte pola tarde ao carón do Parque Empresarial Mos-Veigadaña declarábase un pequeño lume que xa se atopa extinguido

 

Pereiras

Na zona do Cristo do Aguerio, parroquia de Pereiras, tamén onte pola tarde declarouse un lume que despois da intervención dos equipos de extinción quedou controlado e extinguido

 

Cela

En Herville, na parroquia de Cela un lume procedente de Gondomar propagouse  ata chegar a Herville, nestes intres atópase controlado pero non extinguido. Como medida de precaución suspendéronse as clases no Colexio Los Sauces a xornada de hoxe.

 

Dende o Concello de Mos amosan o agradecemento da corporación ás 33 persoas que estiveron traballando durante a xornada de onte e toda a noite na extinción destes lunes.

 

Medios

 

[Img #35849]

En Mos colaboraron na extinción dos lunes e no mantemento da seguridade 6 axentes da Policía Local de Mos e outros 6 axentes da Garda Civil de Mos, ademáis interviú o Servico Municipal de Emerxencias con 3 vehículos motobomba e 1 nodriza, ademáis de un tráiler alxibre de 31.000 litros de auga que foi posto a disposición do Concello pola empresa R.F.Gesteiro..

 

Ademáis participaron nas tarefas de extinción e loxística un grupo de 20 persoas entre voluntarios de Protección Civil de Mos e brigadas de Medio Ambiente.

 

AMPLIACION 13.30 H


 

Cando son as 13.30 horas do luns 16 de outubro de 2017, informamos de que todos os efectivos de extinción mosenses atópanse concentrados no Posto de Mando Avanzado instalado en San Antoíño, parroquia de Louredo.

 

Continúase a traballar para sofocar este lume que, afortunadamente, atópase contido.

 

 

AMPLIACION 15.30 H


 

Os efectivos atópanse apagando os últimos rescoldos dos frentes de lume nesta zona e estímase que a primeira hora desta tarde se atope totalmente extinguido

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.