Martes, 30 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 16 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
VAGA DE INCENDIOS

Salvaterra valora os danos causados polos incendios

[Img #35851]

 

O Concello de Salvaterra de Miño está facendo unha relación dos  danos sufridos por causa dos recentes incendios no Municipio, con visitas aos lugares dos danos, aos efectos de posibles axudas de todos os organismos oficiais.

 

Dende o Concello fan un chamamento "a todos os veciños e veciñas  afectadas  comuniquen ao Concello, ben sexa persoalmente, por mail ou teléfono os danos sufridos, colocando".


O Concello tamén quere agradecer "a todas as persoas que colaboraron na extinción dos diversos focos de incendio, para evitar danos maiores".

 

Os incendios afectaron as parroquias de Vilacoba, Uma,  Lira, Leirado, Soutolobre, Fornelos, Lourido, Pesqueiras, Salvaterra e Meder, deixando ao seu paso danos importantes en propiedades, que chegou en moitos lugares ata as cercanías das casas. A pesar da gran complexidade dos incendios so hai que lamentar danos materiais en fincas, montes e varios galpóns e cubertos, e afectando a parte de dúas vivendas.

 

Os incendios empezaron sobre as 15.00h do domingo  en varios puntos diferentes, que debido aos fortes ventos e ás altas temperaturas se propagaron rapidamente, quedando controlados, en parte, a altas horas da madrugada do luns. Nos fogos apagados cerca das vivendas os propios veciños fixeron garda por se o incendio volvía a reiniciarse.

 

Durante o día foron varios os cortes de luz que se realizaron para que os equipos de extinción aéreos puideran descargar a auga que traían nos seus depósitos. "O camión de auga do Concello estivo traballando na extinción durante toda a xornada, especialmente nas parroquias onde o lume estaba máis próximo  as casas.  Prestouse unha atención continuada ao funcionamento do bombeo e depósitos de augas da traída municipal co fin de garantir o subministro as parroquias afectadas e poder combater o lume, xa que este Concello ten abastecemento en auga municipal en 14 parroquias" explican.

 

O Concello puxo a disposición do Centro de Emerxencias os pavillóns polideportivos de Leirado e Salvaterra por se había que trasladar a algúns veciños que as súas vivendas puideran ser afectadas polo lume, como foi o caso de Meder,  pero debido a que as estradas que comunicaban con Salvaterra e Leirado  estaban cortadas, foron derivados a outros lugares habilitados.

 

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.