PROVINCIA
O Consorcio Provincial Contra Incendios moviliza a todos os seus efectivos ante a situación dos lumes na provincia
A presidenta Carmela Silva está en contacto coa Xunta e coas alcaldesas e alcaldes das comarcas do Condado, Vigo, Val Miñor, e Baixo Miño, as zonas máis afectadas da provincia
![[Img #35854]](upload/img/periodico/img_35854.jpg)
O Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento, adscrito á Deputación de Pontevedra, mobilizou desde onte a noite a todos os seus efectivos ante a situación de incendios que afecta, sobre todo, o sur da provincia de Pontevedra. A estas horas, o cen por cen dos integrantes dos parques de Vilagarcía e O Porriño están a disposición do 112 traballando na extinción do incendio de Pazos de Borbén, declarado de nivel 2 de alerta, e que de momento non está controlado. Os efectivos dos parques de Bueu e Ribadumia están mobilizados para dar cobertura de emerxencia ao resto da provincia.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, está en permanente contacto coa Xunta de Galicia, a quen ofreceu todos os dispositivos de emerxencia, e coas alcaldesas e alcaldes das zonas máis afectadas polo lume neste momento en: a comarca de Vigo, o Condado, en Pazos de Borbén, Ponteareas, Redondela e Soutomaior, O Val Miñor, con incendios en Morgadáns-Gondomar e Baiona, e o Baixo Miño, en Oia.
O incendio de Pazos de Borbén obrigou esta mañá, por indicacións do servizos de emerxencias, á cancelación da Depo Andaina de Soutomaior debido a razóns de seguridade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208