GALICIA
Innolact, HG Beyond e Sedaqua, empresaa galardoadas na III edición dos Premios Galicia Spin-off
![[Img #35865]](upload/img/periodico/img_35865.jpg)
As empresas Innolact (Selo de Calidade) e HG Beyond (Idea Emerxente) son as gañadoras da terceira edición dos Premios Galicia Spin-off, convocados por Pastor e GCiencia. A empresa Sedaqua foi finalista na categoría de Idea Emerxente. Os galardóns distinguen anualmente ás empresas máis innovadoras do sector empresarial galego e premian por unha banda á traxectoria empresarial innovadora consolidada (Selo de Calidade) e, por outra, ao proxecto innovador máis destacado nos últimos tempos (Idea Emerxente).
No acto de entrega dos galardóns, celebrado na sede de FEUGA en Santiago, estiveron presentes, entre outras autoridades, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o rector da Universidade de A Coruña (UdC), Julio E. Abalde, e o director xeral de Pastor, Fernando Merino. Todos eles, xunto aos representantes das empresas premiadas, mostraron o seu pesar pola vaga de incendios que se rexistrou en Galicia nas últimas horas.
Na súa intervención para presentar os premios, Merino destacou o apoio que Pastor presta ao espíritu emprendedor que Galicia necesita para contar con empresas innovadoras e engadiu que as empresas premiadas nesta edición dos Premios Galicia Spin-off son un bo exemplo das características que distinguen aos emprendedores.
Pola súa banda, o reitor da Universidade de A Coruña, Julio E. Abalde, indicou que “nun día triste para Galicia” é aínda máis necesario que as universidades galegas poñan o seu coñecemento a disposición da sociedade para poder solucionar os problemas que se presentan. Nesta liña insistiu en que as universidades deben tamén apostar por formar un ecosistema para favorecer a creación de empresas, con iniciativas como os viveiros ou as aceleradoras.
No peche do acto, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, apuntou que os problemas estructurais requiren “solucións estructurais” e engadiu que o coñecemento é unha das cousas que hai que aplicar para solventar este tipo de dificultades. Ademais, agradeceu a iniciativa privada que fai posible a existencia de proxectos deste tipo.
No apartado Selo de Calidade, que distingue ás empresas cunha traxectoria máis consolidada, a gañadora é Innolact, unha compañía que naceu como unha spin-off da Universidade de Santiago (USC) no ano 2006 e que ao longo destes anos tivo unha importante traxectoria internacional que lle permitiu levar os seus produtos derivados do leite (a través principalmente da marca Quescrem) aos cinco continentes e a máis de 30 países.
A aposta pola innovación foi un factor determinante na evolución de Innolact e a empresa dispón dun departamento propio de I+D+I, en constante colaboración co Centro Tecnolóxico Lácteo de Lugo (CTLácteo) e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI). Na edición do ano pasado a gañadora do premio nesta categoría foi a empresa química Galchimia.
No apartado de Idea Emerxente, que premia a iniciativa máis innovadora desenvolvida nos últimos anos, a gañadora foi HG Beyond, unha spin-off da USC creada no ano 2015. O proxecto da empresa é o desenvolvemento de hidroxeles de última xeración capaces de captar e liberar sustancias de xeito controlado. Entre as súas aplicacións destaca o campo oftálmico, no que HG Beyond produciu unha lente de contacto de alto valor engadido que serve para a administración de fármacos e sustancias activas na superficie ocular. A investigación na que se basea a lente está protexida por patentes en Europa, Xapón e Estados Unidos.
A finalista nesta categoría foi Sedaqua, unha spin-off da Universidade de A Coruña (UdC) que participou nos últimos anos no proxecto europeo HIGHWET, no que se desenvolveu unha nova modalidade de plantas depuradoras que permite reducir o custe e a superficie necesaria para instalar este tipo de sistemas de depuración. Sedaqua aposta pola instalación de humidais artificiais que depuran as augas residuais mediante procesos naturais, bacterias e plantas fundamentalmente. O ano pasado a empresa All Genetics foi a gañadora nesta categoría.
Nesta edición os premios contaron cunha importante participación de empresas innovadoras de sectores moi diversos como a xeración de software innovador, a xenética ou a seguridade alimentaria, entre outros. A decisión do xurado foi complicada xa que as empresas participantes acumulaban importantes méritos, tanto polo seu carácter innovador como polos importantes resultados obtidos na comercialización dos seus produtos e servizos. O xurado estivo formado por representantes da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta, da Real Academia Galega de Ciencias, do CSIC, do Pastor e de GCiencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155