GALICIA
Estudante concéntranse por mor da oleada de incendios que sufriu Galicia
![[Img #35866]](upload/img/periodico/img_35866.jpg)
Desde Erguer, Estudantes da Galiza, avalían "moi positivamente o grande éxito das concentracións convocadas para esta mañá ás 12 en todos os centros de ensino. Decenas de facultades e institutos de todo país se sumaron ao parón de aulas e centos de estudantes reclamaron a asunción de responsabilidades políticas por parte da Xunta de Galiza e a mudanza do noso modelo forestal".
Según explican dende este colectivo "os montes abandonados, os monocultivos de eucalipto, a prórroga concedida a ENCE na Ría de Pontevedra ou as autorizacións para construír en terreo queimado son as verdadeiras causas que explican a catástrofe ecolóxica de onte, a meirande no noso país desde o Prestige. É unha tremenda irresponsabilidade política que Feijóo se dedique a botar balóns fóra e que sigamos a falar de 'pirómanos', cando os verdadeiros incendiarios son as grandes empresas con intereses en especular co terreo dos nosos montes".
A responsábel de organización de Erguer, Iria Figueroa, afirmou esta mañá ao remate das concentracións que “se demostra, coa extensa resposta popular do estudantado, que o pobo galego é quen de tecer solidariedade e artellar reivindicacións con rapidez, fronte á inoperancia e incompetencia da Xunta de Galiza”. “Xa onte o observamos co grande operativo veciñal para apagar os lumes e coas redes de axuda para as persoas que foron desaloxadas dos seus fogares, vímolo de novo coas concentracións do estudantado desta mañá e non nos cabe dúbida de que volveremos velo nas concentracións convocadas para hoxe ás 20h. en múltiples vilas galegas” –engadiu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208