Miércoles, 19 de Noviembre de 2025

Xornal21
Lunes, 16 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

As clases permanecerán suspendidas durante a xornada de mañá no IES de As Neves, e no CPR Estudio en Nigrán

No resto dos centros está previsto que a xornada lectiva se desenvolva con normalidade, sempre que non se produzan cambios nas circunstancias actuais.

A Consellería de Educación informa de que as clases só permanecerán suspendidas durante a xornada de mañá martes no IES Pazo da Mercé (As Neves), e o CPR Estudio (Nigrán), ambos na provincia de Pontevedra. En principio, sempre tendo en conta as circunstancias actuais, está previsto que a xornada lectiva se desenvolva con normalidade no resto das provincias.

 

Logo de facer un seguimento continuo da situación ao longo de toda a xornada de hoxe -onde 20 centros educativos non abriron as súas portas- o departamento de Educación do Goberno galego considera oportuno manter pechados os dous centros mencionados debido, principalmente, a problemas derivados da falta de servizos básicos (auga e luz) ou ben por estar situados en zonas onde aínda se desprende moito fume pese a estar controlados os focos.

 

Non obstante, a Consellería continuará vixiando e informando sobre calquera cambio que se produza, ao tempo que fai un chamamento a que se extreme a precaución naquelas zonas afectadas. Así mesmo, lembra que os propios directores contan con todo o apoio da Consellería respecto das decisións que poidan tomar sobre os seus respectivos centros derivadas do coñecemento exhaustivo por razóns de proximidade e se así o requiriran as circunstancias.

 

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.