SALVATERRA DE MIÑO
Salvaterra solicita a declaración de Zona Catastrófica
Dende o Concello piden axudas para os afectados ao Goberno do Estado e a Xunta de Galicia
![[Img #35947]](upload/img/periodico/img_35947.jpg)
O Concello de Salvaterra de Miño solicita con carácter urxente a declaración de Zona Catastrófica no Concello e en todas as zonas afectadas en Galicia polos diversos incendios, á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado." Ademais de pedirlle que poñan en marcha, o antes posible e de forma áxi,l os mecanismos de axudas para os afectados e afectadas desta gran catástrofe" sinalan dende o Concello.
Salvaterra de Miño estivo asediada polos incendios durante o domingo 15 e o luns 16 de outubro, encontrándose en case todo o tempo en nivel II debido as súas dimensións e a súa cercanía aos núcleos de poboación.
Incendios que deixaron centos e centos de hectáreas queimadas neste Termo Municipal, deixando ao seu paso danos moi importantes en vivendas, cubertos, galpóns, cuadras, vehículos, tractores, montes con árbores, viñedos, terras de cultivo, aperos de labranza, maquinaria en xeral, instalacións eléctricas e de servicio de auga, alcantarillado, sinais, danos en camiños, en pistas municipais, etc.
O Concello tamén quere "recoñecer e agradecer a todas as persoas que colaboraron na extinción dos diversos focos de incendio, para evitar danos maiores".
Os diversos incendios, que estiveron activos durante estes dous días, deixaron un panorama desolador e devastador en gran parte do noso municipio, cuxa recuperación será complicada e lenta.
O Concello está facendo unha relación dos danos sufridos, con visitas aos lugares dos danos, aos efectos de posibles axudas de todos os organismos oficiais, ademais de colocar “Avisos” informando a poboación para que os afectados se comuniquen co propio Concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208