Domingo, 05 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 19 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Concerto de Outono da Coral Ventos do Val

Será o domingo 22 de outubro ás 18.30 horas no Multiusos.

A mosense Coral Polifónica Ventos do Val, o domingo día 22 de outubro, celebra a XVII edición do seu Concerto Cultural de Outono.


O concerto celebrarase no Auditorio Municipal do Multiusos das Pozas en Petelos, ás 18.30 horas do domingo 22 de outubro. A entrada é libre para todo o que desexe asistir, ata completar o aforamento, xa que a Coral Polifónica Ventos do Val é unha agrupación sen ánimo de lucro.


Neste evento ademais da mosense coral organizadora, participarán a Agrupación Coral Polifónica da Guarda, e a Coral Polifónica de Caldas de Reis.


Con este concerto a Coral Polifónica Ventos do Val dá por pechada a súa  axenda cultural 2017, durante a que participou nas Misas Cantadas das festas patronais do noso Concello, e en varios intercambios, tanto dentro da comunidade autónoma galega, como noutros lugares de España tales coma Cantabria e Asturias.   

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.