Jueves, 18 de Diciembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 18 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Vías e Obras realiza obras de recollida de augas pluviais na EP-2405 en Casal-Budiño

[Img #35942]

 

A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, está a levar adiante traballos de mellora do saneamento na estrada provincial EP-2405, na zona de Casal-Budiño. obras que indica o concelleiro, foran solicitadas en moitas ocasións polas veciñas e veciños da zona e que, finalmente, están xa en marcha.


Este traballo, que “foi aprobado polo Pleno do Concello do Porriño co voto en contra do Partido Popular, coma sucede con outros traballos e melloras impulsados polo Goberno local”, consistirá na realización dun cruzamento nesta estrada- logo de obter o permiso da Deputación de Pontevedra- e unha obra de recollida de augas pluviais.


Manuel Carrera subliña que este proxecto, que conta cun orzamento de 23.000€, “dará servizo, en principio, a 8 casas” e permitirá, pois estará xa adaptada e preparada para que sexa así, que máis vivendas poidan conectarse á rede municipal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.