TUI
O Colectivo Contra a Moción de Censura en Tui anuncia que permanecerá "activo"
Rexeitan "os comportamentos dalgunhas persoas que no Pleno proferiron insultos e ameazas".
![[Img #36019]](upload/img/periodico/img_36019.jpg)
Unha vez aprobada a moción de censura que levou á alcaldía de Tui a Carlos Vázquez Padín o Colectivo Contra a Moción de Censura en Tui emitiu un comunicado no que amosan "agradecemento ás numerosísimas persoas de Tui que nos deron o seu apoio, e mobilizáronse, no labor de desvendar os intereses agochados detrás deste cambio de goberno e as mentiras nas que se basea".
Tamén aseguran que manterán "a existencia como Colectivo activo no tempo que dure o mandato desta Corporación Municipal, até o ano 2019".
Por último rexeitaron "os comportamentos dalgunhas persoas que no Pleno proferiron insultos e ameazas. A este respecto, unha vez máis, manifestamos o noso desexo de que os pronunciamentos políticos se fagan sempre con respecto ás persoas e mantendo as normas civilizadas de convivencia".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208